UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 24 de febrero de 2017

ENTROIDO ARTÍSTICO 2017

     Este ano 2017 celebramos no cole o entroido máis artístico que ninguén poida imaxinar. Os nenos e nenas de infantil do Rosalía, e as súas profes, chegaron ataviados de xeito pictórico-arquitectónico-musical facendo gala dunha creatividade e un gusto polas artes dificilmente superables. Foi un día cargadiño de emocións:
    Primeiro fixemos un ultimo ensaio na aula antes de saír para o festival e sacamos varias fotos cos disfraces aínda impecables.













      Estas son as fotos orixinais pero para facer unha montaxe (que xa está colgada np blog, no lateral dereito) púxenlle uns marcos decorativos. Por se a alguén lle gustan e quere gardalas así, aquí volas poño tamén.















   A continuación saímos todos xuntos para colocarnos xa no escenario e facer a nosa fantástica actuación. Despois dos nervios e do traballo ben feito, disfrutamos do festival prestando moita atención ás actuacións de todos os alumnos/as de primaria.
















     O festival gustou moito aos peques pero xa pedían a merenda, así que entramos á aula de psico para comer un pouco todos xuntos. Non creo que sexa preciso comentar que os gusanitos foron o éxito da merenda pero tamén comemos biscoito, galletas variadas, patatas fritas, barquillos, pombiñas de millo...



















    Algúns nenos/as animáronse a sacar máis fotos nos marcos que elaboramos coas caixas dos ovos que aportástedes as familias. Outros tiñan máis ganas de xogar e de comer que de posar para as cámaras así que había que respectar estes desexos.













     E despois da merenda e de xogar un pouco no patio, escoitamos un concerto de con moito ritmo do cantante de Gramola Gominola, Paco Cerdeira.












































   
E agora toca disfrutar dunhas vacacións e de todas as festas de Entroido que se viven en Galicia de xeito especial. Descansade e disfrutade moito. Á volta, nós seguiremos coñecendo obras de arte e monumentos de todo o mundo.