UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 28 de marzo de 2019

TALLER DE MODELADO

   Onte tivemos a última xornada de traballo conxunto cos alumnos de 4ºB relacionado co tema da Mitoloxía. Como xa sabedes, en primeiro lugar tivemos a oportunidade de ver unhas breves representacións teatrais de diversos mitos gregos que os nenos e nenas de 4º fixeron para os peques de infantil. A segunda sesión consistiu nunha exposición oral de diferentes mitos do mundo (co apoio das imaxes que conforman a decoración do espazo de infantil) feita polos nenos de A Pementeira (5 anos) e A Sementeira (4 anos). Nesta ocasión tanto a profe Ana como eu mesma lle agradecemos moito á profe Xela que nos propuxera esta actividade porque foi moi gratificante que se contara cos nenos e nenas de infantil para aportar o que eles saben a nenos/as maiores que, por certo, os escoitaron con interese e atención.  E, por último, onte tivemos un taller de modelado todos xuntos. os nenos e nenas de 4 anos, de 5 anos e os de 4ª. 
     Na aula de psico colocamos unhas mesas para que todo o grupo poidera traballar coa pasta de modelar elaborando trisqueis e cabezas de Medusa. Creo que todos disfrutaron moito, desde logo os pementeiros/as podo asegurar que sí o fixeron. Os alumnos/as maiores tiñan moitas ganas de axudalos, de explicarlles como facer as cousas e de estar con eles e iso sempre se agradece. foi unha auténtica xornada de confraternización.






























Resultado de imagen de gifs animados escultura
   Agora solo nos falta a parte da policromía. Cando rematemos de pintar as nosas obras de arte, pensamos que sería boa idea facer unha pequena exposición. Xa vos iremos contando.

2 comentarios:

  1. Yeico chegou encantado do seu primer taller de modulado. E estuvo toda a tarde explicando o que estuvo facendo, como eran os aparellos que utilizou, o ben acompañados que estiveron....Pasouno genial!! Que maravilla demostrarlle os maiores que os de infantil saben un montón de cousas....

    ResponderEliminar
  2. Noa tamén falou do taller de modelado, e penso como Silvia, é un gusto que compartan xornadas cos nenos e nenas de primaria, gracias de novo!!!

    ResponderEliminar