UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 26 de enero de 2018

¡PREPARADOS PARA O ENTROIDO!

    Queda xa pouquiño para que chegue o Entroido.  É unha celebración que nos encanta porque nos permite transformarnos completamente, podemos ser calqueira cousa que imaxinemos ou soñemos ser. Este ano como estamos co Proxecto Nautilus, pois teremos que buscar disfraces que teñan que ver co mar e as opcións son múltiples e variadas: desde as personaxes mitolóxicas que tanto nos gustan (Neptuno, Ulises, as sereas...), animais mariños (polbos, estrelas e cabaliños de mar, medusas ou tiburóns...) ata calqueira tipo de persoa que dunha maneira ou de outra vivan en torno ao mar (mariñeiros, piratas, vikingos, pescadores, mariscadoras, buceadores...). Non me extrañaría que o venres 9 de febreiro aparecera por infantil Cristóbal Colón, Jacques Cousteau, o Capitán Nemo, Vickie, Erik el Rojo, Barbanegra ou Jack Sparrow. E seguro que coa creatividade que hai nestas familias pementeiras aparecerá algún disfraz sorprendente, non sei, de anémona, de nautilus ou de rape abisal.
   Póñovos aquí a nota que entregamos o mércores e algunhas imaxes que poden servir de ideas iniciais para ir pensando no disfraz.
 
Imagen relacionadaResultado de imagen de disfraz vikingo
Resultado de imagen de disfraces del marResultado de imagen de disfraces del mar
Imagen relacionadaResultado de imagen de disfraz de tiburon
Imagen relacionadaResultado de imagen de disfraz de cangrejo

Resultado de imagen de disfraz submarinista
     Vedes que hai miles de ideas máis ou menos complicadas dependendo do tempo do que pode dispoñer cada un, pero estou segura que van chegar cousas que me soprenderán fixo.

      Aproveito tamén para recordarvos que ese día de celebración, son os pementeiros/as os encargados de traer cousiñas máis ou menos típicas do entroido para a merendola conxunta de infantil. Non fai falta que mandedes moita cantidade que despois sempre sobra, calculade aproximadamente o que poden comer 3 nenos/as e esa cantidade é suficiente (se cada pementeiro trae orellas, filloas ou unhas galletas ou biscoito para 3 xa xuntamos comida para 72 nenos/as e en infantil hai 77 nenos/as)
Resultado de imagen de gifs animados surfistas

5 comentarios:

  1. A min pásame un pouco o mismo, creo que xa me decidín pero a ver o que sae.... Xa teño ganas de velos a todos!

    ResponderEliminar
  2. Madre mía a min complícaseme un pouco a cousa porque Noa púxomo difícil😅a ver o que sae,...Jijijijii e claro Carla e eu apuntámonos así que queda unha semana de manualidades, pero encantados!!! Gústanos moitisimo o entroido😍

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Como Carla xa gatea (que mo dixo Noa) pode ir de cangrexo, jajajaja! Que ganas de ver as ideas que se vos ocurriron, se mantedes o nivel do ano pasado vai ser un entroido ben bonito!!!!Algúns xa dixeron na clase de qué querían disfrazarse e o bo do tema é que pode haber moita variedade e creatividade. Veña! a lucirse!

      Eliminar
  3. Como nos gusta o entroido!!! Grazas Teté por recordarnos que nos toca preparar a merendola, estabamos tan centrados no disfraz que xa non o recordabamos. Enzo este ano volve a tee as ideas moi claras😅😅, eu tiña pensado repetir disfraz xa que nós xa nos estreamos este Domingo, pero case que vou a facerlle uns arregliños para ir acorde o proxecto😏

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eles xa van dicindo cousas na clase, e xa vou vendo por onde van os tiros. estou segura que me ides sorprender así que, veña, demostrádeme que as familias pementeiras son as máis creativas e deixádeme coa boca aberta. O meu creo que vai estar repetido, jejejeje! E coa merendola non vos pasedes, con un pouquiño de cada neno xa chega que todos os anos sobra comida!

      Eliminar