¡Por fin chegou o momento de mostrarvos a Lupa! Desde o mes de xaneiro estamos traballando nun fantástico proxecto que supuxo moito esforzo, constancia, cooperación, paciencia, organización e atención:¡elaborar un conto vivindo todo o proceso creativo na aula!. O cole está participando no Plan Proxecta que implica o desenvolvemento de actividades innovadoras, que promovan a posta en marcha das competencias básicas, que potencien o traballo cooperativo e en rede, que permitan e mesmo precisen da interdisciplinariedade, que motiven aos alumnos e impliquen aos mestres... O tema central son os ríos,e o que se pretende é desenvolver valores relacionados coa conciencia de respecto e protección do medio ambiente. Cando se plantexou a posibilidade de participar no Plan Proxecta: Ríos tamén desde infantil, na Pementeira pensamos en como podíamos mergullarnos nas augas doces dos ríos posto que navegabamos concretamente polas augas salgadas dos mares. Así que, partindo de aí naceu a historia da troita Lupa que naceu no río Sar, pero tiña moitos soños e inquedanzas e acabou superando obstáculos e vivindo no mar.
Durante estes dous trimestres os nenos e nenas da Pementeira escribiron todos os textos dos contos e fixeron as ilustracións e agora temos un auténtico libro moi creativo, orixinal e creado por todos nos de principio a fin. Ademáis tamén fixemos un traballo previo de investigación que supuxo a:
¡Un traballo en equipo do que me sinto moi orgullosa! Agora podedes ver aquí moitas imaxes de como foi todo o proceso creativo e o resultado final. Tamén poderedes disfrutalo nas familias, xa que está viaxando aos vosos domicilios. ¡Espero que vos guste!
1.-Búsqueda
de información sobre a troita (características morfolóxicas e biolóxicas,
hábitat…)
2.-Búsqueda de información dos ríos Xallas e Sar (nacemento, desembocadura…)
3.-Reflexión sobre o coidado dos ríos.
2.-Búsqueda de información dos ríos Xallas e Sar (nacemento, desembocadura…)
3.-Reflexión sobre o coidado dos ríos.
Pois ben, despois de escribir e debuxar moito, de viaxar desde o Sar, pretiño de Iria Flavia, ata o Xallas, de coñecer ás sereas Mariña da Illa de Sálvora e Maruxaina de Cervo, de achegarnos ao Pindo e algúns dos seus segredos e de saltar ao Océano Atlántico desde a fervenza do Ézaro, aquí está o resultado desta aventura:
LUPA, A TROITA QUE QUERÍA VIVIR NO MAR
Que pasada Teté! Que ganas de que chegue a casa, noraboa menudo traballo,e o mellor que no proceso pódese ver como están involucrados e entusiasmados. Por fin coñecemos a Lupa porque na casa escoitaramos falar da historia de Lupa, pero andabamos un pouco perdidos jejeje. Noraboa pementeiras e pementeiros unha vez máis!
ResponderEliminarGrazas!!!! Estou encantada co resultado, sobre todo porque conseguimos entre todos manter o interese durante tanto tempo e teñen ganas de levalo a casa. Non quixen mostrar nada durante este tempo para que se percibise mellor o producto final. O proceso foi interesante e motivador pero quería que se vise ese libro completo porque penso que ler a historia completa e ver todas as ilustracións é moito máis impactante. Foi un traballo moi gratificante e quería que tamén eles/as valoraran que o que se esforzaron tivo un resultado fermosos e que valía a pena esperar un pouco. ¡Grazas por deixar estes comentarios no blog!
ResponderEliminarPara que despois digan que os de infantil so pintan e xogan. Este e un traballo de profesionais. IMPRESIONANTE!!!!!MOITAS FELICIDADES!!!!!!!QUE MARAVILLA!!!!!
ResponderEliminarPARABÉNS PEMENTEIR@S!!!! Un traballo impresionante👏👏👏👏👏👏👏.Noraboa outra vez mais Teté non deixas de sorprendernos😊. Que ganiñas de que chegue Lupe Lupiña a nosa casa, por fin lle pomos cara😅.PARABÉNS👏👏👏👏👏
ResponderEliminarNos xa tuvemos o placer de disfrutalo, ainda que nos soubo a pouco. Pero magnífico traballo, esta moi traballado. Moitas gracias por darnos estas oportunidades de disfrutalos en familia.
ResponderEliminarAhora entendo porque o canal e o río sar e tiña moitas Lupiñas 😁😁 estamos deseando poder disfrutar da historia de Lupiña que como todo o que facedes e admirable formades un bo equipo Profe e pementeiros FELICIDADES 😘
ResponderEliminarFelicidades!!! Menudo trabajo!!! Dani lleva unas semanas diciendo que quiere ir al Monte Pindo a ver la cascada desde la que saltó Lupe!! Ja, ja! Qué ganas de poder disfrutarlo en casa!!!
ResponderEliminarNoraboa a todos os pimenteiros , e a ti tamen Teté, un traballo xenial, moi currado por todos eses grandes pimenteiros, que orgullosos están todos e non me extraña, con moita razón, que ganas de velo, parabens a todos, sodes xeniales
ResponderEliminarNoraboa equipo.Interesante, o proxecto. Impresionante, o resultado. Emocionante, poder desfrutar del. GRACIAS E NORABOA DE NOVO. Agora a agardar que nos toque .... impacientes xa
ResponderEliminarMoitas grazas a todos/as os que estades facendo estes comentarios no blog e visitando a páxina!!!!! Estou feliz vendo que este proxecto de elaborar un libro que tanto tempo nos levou, está chamaando a vosa atención. E estou segura que os nenos/as estarán orgullosísimos comprobando que as mamás e os papás teñen ganas de velo e que, cando o ven, quedan impresionados con todo o traballo feito por eles/as con so 4/5 anos. Eu estou realmente moi contenta co esforzo que eles /as fixeron, co feito de manter o interese tanto tempo e polo resultado, claro, porque quedou moi, moi bonito.O feito de que xa vos falaran del, de que teñan ganas de ir a ver a fervenza do Ézaro, ou falen do Pindo os das sereas Mariña e Maruxaina, para min é un éxito porque elaborar este libro non foi só escribir e debuxar, houbo máis traballo detrás, foi outra pequena viaxe desde Iria Flavia ata o Ézaro... En fin, só podo darvos as grazas e esperar que a todos vos guste o conto e que, sobre todo, pasedes un momento fantástico léndoo en familia.
ResponderEliminarNoraboa pementeir@s e Profe Tetè!! un traballo maravilloso!!! tod@s implicados e motivados!!! grazas profe polo teu esforzo e dedicación cos nenos!!!
ResponderEliminar