UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 21 de mayo de 2018

¡DANI XA TEN 5 ANOS!

    Outro pementeiro máis que xa ten 5 anos. Estes nenos e nenas non paran de medrar e eles están encantados de facerse maiores. E hoxe tocoulle o turno a Daniel que xa un home de 5 anos feito e dereito. Estaba moi contento de ser o rei do día e despois de poñer a coroa xa non a quitou en toda a mañán.  Como facemos sempre, primeiro Daniel tivo que apagar as cinco candeas e despois xa chegou o momento de disfrutar do doce. O biscoito que trouxo estaba de rechupete, delicioso, cando o probei caín redonda do rico que estaba (menos mal que hai mesas por alí e non caín no chan). As galletas non tivemos ocasión de tomalas, non nos chegou o tempo e o bscoito era bastante grande co cal fame non pasamos; pero non pasa nada porque compartiremos esa caixa de galletas outro día. Se o tempo se mantén así de agradable, sairemos un destes días a comelas fóra, no patio.

 Ver las imágenes de origen














Ver las imágenes de origen

    Aproveito, tamén, esta entrada para compartir convosco as fotos das "presentacións" que fixeron hoxe Enzo e Aleixo que chegaron moi contentos das súas viaxes a Lanzarote e Portugal. Enzo trouxo para o cole area volcánica que, como el explicou, está negra porque a lava do volcán queimouna , e unha pedra volcánica tamén negra que, por sorte, como dixeron os pementeiros/as, estaba fría. E Aleixo trouxo moitas fotografías do Dino Parque Lourinha que lleencantou porque estaba emocionado contando que tiña un fósil e un dente de tiburón...





























    E, para rematar, unhas imaxes dun xogo coas sombras que fixemos no recreo e que resultou moi divertido e outras das nosas carreiras polo patio dos maiores ao final do tempo de recreo. Estamos poñendo en práctica esta nova rutina para loitar contra obesidade, para tonificar os nosos músculos, para liberar tensións, para ampliar a nosa capacidade pulmonar e para manternos máis sans e vitais cada día. Nin que dicir teño, que os pementeiros/as están encantados epreguntan todos os días se imos sair a correr.


















 Como vedes, foi un día completiño e divertido na Pementeira!

3 comentarios:

  1. Menudo día máis completiño. Da gusto velos traballar así de contentos. Noraboa por todo este traballo, menuda maneira de sacarlle partido a unha mañan de clase. E unha sorte ter unha profe así. Moitas gracias Teté.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mil grazas a ti por este recoñecemento! Qué alegría pensar que nas familias valorades o noso traballo. É moi agradable poder xuntar nunha mañán actividades diferentes tanto dentro da aula como fóra. O bo tempo axuda moito, claro. Eu intento mostrar a maioría das cousas que facemos pero non todo é posible porque hai moitos momentos nos que non me é posible sacar fotos.Pero síntome moi contenta comprobando que visitades o blog e que vos sentides ben vendo imaxes dos vosos fillos/as facendo cousas diversas ao longo da xornada. Grazas unha vez máis!!!

      Eliminar