Cun pouquiño de retraso, mostramos aquí no blog como foi o Día das Letras Galegas celebrado o pasado 17 de maio. O equipo de biblioteca tiña organizada unha actividade que consistía en elaborar dous contos viaxeiros entre todos os alumnos/as do cole. Un dos contos empezaríase nunha das clases de 3 anos, continuaríase na de 4 anos e a continuación seguiríase en 1ºA, 2ºA, 3º A, 4ºA.5ºA e 6ºA. O outro conto empezaríase na outra aula de 3 anos, seguiríase en 5 anos e continuaríase nas aulas B de primaria.
Os nenos e nenas de 3 anos comezaron o conto desta maneira:
Así chegou á nosa aula e os nenos e nenas de 4 anos decidiron continuar o relato da seguinte maneira:
E o Día das Letras Galegas algúns nenos e nenas de 6ª viñeron á Pementeira a contarnos os dous contos xa completos:
Por outra banda, para rendir unha pequena homenaxe a Mª Victoria Moreno, lemos un breve conto dos bolechas baseado nos seus escritos e despois estivemos dándolle cor a unha caricatura da citada autora que despois os nenos e nenas levaron para a súas casas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario