UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 28 de mayo de 2018

DÍAS CHEOS DE ACTIVIDADES

        A música sempre está presente na Pementeira e agora estamos pasando por una fase moi rockera escoitando o "Rockanroll dragón" e unha nova canción que causou furor entre os nenos e nenas de 4 anos. ¡Mirade que maneira tan intensa de empezar as mañáns!

     Como disfrutamos tanto coa música danos igual escoitar a Bowie, The Beatles, Ara Malikian, Miriam Makeba ou o mesmo Mozart por suposto. ¡Encántame velos traballando en calma coa música de fondo!




Seguimos traballando cousiñas relacionadas co Proxecto Nautilus e agora estamos escribindo expresións e refráns que teñen que ver co mar, por exemplo:
"Onde hai patrón, non manda mariñeiro"
ou:
"Golfiños que moito saltan, vento traen e calma espantan"















 





















   Seguimos disfrutando moito cos libros sobre o mar. Sempre hai ganas de miralos, de buscar novos peixes e de aprender algo novo.










  E hoxe fixemos entrega demáis diplomas de bos lectores e lectoras. Nesta ocasión tocoulles o turno a Mario, Icía, Mariña e Valeria que remataron o pasaporte lector e están super-orgullosos e felices.


         E seguimos tendo tempo de xogar, facer puzles, correr polo patio, ler moitos contos, facer ioga... Cando todo vai ben, temos tempo de facer moitísimas cousas diferentes no cole!














2 comentarios:

  1. Icía é superfan da canción de Serena Ryder. Todos os días me di que lle encanta e ponlle un sentemento e un ritmo bailando que morro de risa!

    ResponderEliminar
  2. Que boa forma de comezar o día! Dan ganas de poñerse a bailar ao velos, menudo ritmo!! Tamén é un gustazo velos concentrados, en calma no traballo individual, e colaborativo cos puzzles, Noa agora está coa canción de Magin Blanco que cantades no cole, está non a coñecia, pero maña xa a poñemos😉 boa finde!! Ben merecida😃

    ResponderEliminar