UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 5 de junio de 2018

RESTAS, FRESAS E QUELONIOS

      Xa sabedes o que me gustan a min estes títulos no blog porque representan perfectamente o que é un día calqueira na aula saltando dunha resta a unha fresa ou a un quelonio. Aquí todo pode convivir e no noso día a día temos tempo para todo...
     Sei que algúns nenos/as xa o comentaron na casa, e é certo, neste terceiro trimestre xa empezamos a facer restas. O concepto está perfectamente comprendido e agora hai que ir prestando atención aos signos das operacións matemáticas para saber se temos que sumar e restar. Xa fixemos algunhas restas no papel e, por suposto, xogando ou facendo o panel. E onte estivemos practicándoas na PDI, e todos querían sair á palestra. ¡Que ben! Parece que non teñen medo de facer cousas novas diante do resto do grupo e iso paréceme estupendo.
















     Na hora da merenda levamos unha sorpresa porque Manolo trouxo fresas para todos e, como algúns nenos/as non trouxeran merenda, tamén abrimos unha caixa de galletas que nos quedara en reserva desde o cumple de Dani. Sobra dicir que aínda despois de merendar, había ganas de galletas e non quedou nin unha.
       



    E hoxe fixemos unha actividade impresa sobre os quelonios que a todos os pementeiros/as lles saiu moi ben. Mirade! 






















3 comentarios:

  1. Pois si que está coas restas sempre, é verdade, e agora mesmo estamos emocionados ademais polo baile, parellas, Jijijijii e sorpresas que me di que non pode contarme, é unha pasada o emocionados que están coa escola, o contentos que van, e todo o que fan que fai que vaian motivados cada día!! Un gustazo seguir a vida da aula no blogue, graciñas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non sei eu si aguantarán sin contar ese segredo que temos. Eu díxenlles que non pasaba nada si o querían contar na casa pero que ía ser máis divertido si vós levábades a sorpresa no festival, que seguro que aplaudíades moito, jajaa. Pero penso que non van aguantar sin soltalo!

      Eliminar
  2. Os va a encantar, os vaias a sorprender mamá🙆‍♂️😅,ensinanos o baile como cinco veces na tarde,o segredo de momento non se lle escapa, pero esta emocionado con el porque no lo repite unha chea de veces😂😂😂

    ResponderEliminar