Outro pementeiro que xa ten 5 anos. ¡Están imparables! Pablo foi onte o rei do día e disfrutou moito apagando as candeas e compartindo o biscoito cos amiguetes do cole. Estaban todos ben contentos, facendo festa para celebrar o aniversario, cantando e comendo todos xuntos/as. O biscoito estaba delicioso e, como non, eu caín redonda cando o probei. A verdade é que con tantos doces, eu polo menos vou ter que dar catro voltas correndo ao patio en vez das dúas que damos todos os días!
Felicidades Pablo😘
ResponderEliminar