O pementeiro Mario vai iniciar unha nova aventura noutro cole o curso que ven, e tiña ganas de facer unha pequena festa para convidar aos seus compañeiros/as a uns biscoitos e chocolatinas e despedirse así formalmente deles.
Mario tamén trouxo bombóns para as profes, así que foi entregárllelos con moita alegría. Danos un pouco de peniña separarnos de Mario pero, por outra banda, estamos felices coa seguridade de que vai disfrutar e aprender moito no seu novo cole e seguro que terá amigos e amigas especiais ben prontiño.
Mario e familia: moitas grazas por preparar esta bonita despedida. Todos/as os teus compañeiros/as e mestras ímoste botar de menos. Foi un pracer que formaras parte deste estupendo equipo pementeiro. Moita sorte e esperamos recibir noticias túas pronto (xa sabes que nos encantaría recibir unha carta túa). Unha aperta e un bico forte.
Que despedida mais bonita!! O mesmo digo moita sorte e vemonos prontiño no parque 😉, mil bikiños
ResponderEliminarMoita sorte para Mario na sua nova andadura,que vos saia todo xenial familia,bicos
ResponderEliminarQue despedida tan bonita, estes pementeiros van a botalo moito de menos, un bico familia😘
ResponderEliminar