Está chegando o final do curso e en infantil estamos xa con espíritu de mambo. Como xa sabedes a canción que imos bailar no festival é "Mambo nº 5" de Lou Bega e xa todos tedes nas vosas casas as camisetas que imos lucir para o espectáculo. A idea é recrear un pouquiño esa moda dos anos 20, do charlestón...
Para completar ese look os nenos poderían traer un sombreiro (eso sí, no caso de que o traian é convinte que non lles sexa moi grande porque do contrario vailles caer ao bailar, ou non van ver ben), ou si prefiren o pelo engominado, uns tirantes, un bigotiño pintado, un pantalón preferiblemente oscuro...
Insisto, son suxerencias, as imaxes que vos poño son orientativas, seguro que vós tedes as vosas ideas pero quero que pensedes que o máis importante é que veñan para disfrutar do baile e da celebración en xeral de final de curso, así que procurade que os accesorios que traian lles permitan bailar con soltura e non lles queden moi grandes e lle vaian caer.
Recordade que deben traer as camisetas que fixemos para a ocasión.
Todos saben xa perfectamente o baile así que sei que o van facer moi ben ese día e que o imos disfrutar moitísimo. Non se trata de gastar cartos nin de vir incómodos, nin queremos darvos traballo buscando cousas para vestir aos vosos nenos/as. Seguro que van estar todos/as espectaculares con un par de detalliños que lles preparedes.
En fin, so temos que esperar uns días de nada para ver a magnífica actuación dos pementeiros/as co "Mambo number 5".
Están guapísimos😊😊!!! Iria totalmente dacordo vaise facer un finde moi longo. Non chega o día🎊🎉🎊🎉
ResponderEliminarAy que risa! Como non había luz no fixemos o ensaio a primeira hora. Entonces repartín as camisetas, nese momento ocurríeuseme sacarlles a foto e cada un gardou a súa camiseta na mochila empaquetadiña nunha bolsa. Un par de oras despois xa había luz e decidimos ensaiar e di Alex todo cheo de razón: Teño unha idea, profe, podíamos ir ensaiar todos coas camisetas postas!
ResponderEliminarImaxinádevos xa todos dispostos!!!!tiven que sair do problema sin concesións, jajaja, xa me estaba vendo co rebumbio de volver a sacar camisetas, vestir camisetas, gardar camisetas!!!!
Guapisimos!! Que ganas de velos,...Noa non fai máis que preguntar,...hoy es el día que venís a vernos?, están emocionadisimos e faime unha gracia porque o baile na casa faino, pero chega un momento da canción no que para e di,...ahora no que esta es la sorpresa, e nos claro partimos de risa porque logo segue a bailar,...como disfrutan😘
ResponderEliminarXenial! jajaja, qué ben que vos garden esa sorpresa, así traedes un pouco máis de expectación!!!!
Eliminar