UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 9 de mayo de 2018

UNHA VIAXE POR EUROPA

    E chegou o momento de viaxar por Europa ... Desde a biblioteca do cole, a través dos stands informativos e das presentacións elaboradas por diferentes grupos de alumnos/as de infantil e primaria, tivemos a oportunidade de aprender moitas cousas de Portugal, Holanda, Grecia, Islandia, Francia, Irlanda,  Italia y Alemania.
   Por suposto para viaxar, levamos na man o noso pasaporte para que nos diferentes países poideran estampar o seu selo correspondente. E así foi esta interesante xornada tan cultural e axetreada.

   Antes de nada, fomos visitar o stand de Holanda porque os pementeiros/as aínda non o viran  colocado (xa que a instalación completa foi feita o martes pola tarde) e tamén lle botaron xa un ollo ao stand de Grecia que estaba ao lado.







     Despois xa foron chegando todos os compañeiros/as do cole e fómonos situando para ver e escoitar as diferentes presentacións. Todos os nenos e nenas se esforzaron moito para explicar todo o que sabían do país que lle tocou traballar e as presentacións foron moi variadas e interesantes.



















































     Algúns stands incluían algún plato típico do país, como nos tivemos tempo suficiente para ver todo coa calma que quixéramos e poder probar as diferentes comidas, o grupo de Islandia agasallounos cuns iogures típicos da "Terra do xeo" e o de Portugal deunos uns "Pastéis de Belem". 
Resultado de imagen de gifs animados viajes     Xa na nosa aula, rematamos de cubrir cos nosos datos o pasaporte cheo de selos e despois probamos os productos que nos regalaron.












 PASTÉIS DE BELEM (PORTUGAL)












 IOGUR DE FRESA DE ISLANDIA 


































Resultado de imagen de gifs animados atletismo    O iogur fixo as delicias dos pementeiros/as que esperaban ansiosamente poder repetir e que remataron nun pispás os vasiños que nos deron (so lles faltou lambelos), eso sí tiñan azucre para parar un tren, menos mal que na Pementeira estamos poñendo en práctica unha nova rutina que nos vai axudar a loitar contra a obesidade, a liberar enerxía, a respirar profundamente e soltar os enfados, e a manternos atléticos e activos: dar dúas voltas correndo ao patio de primaria (e teño que dicir que a algúns/has lles costou un pouquiño rematar as dúas voltas. Hoxe é o día axeitado para comenzar en honor a Grecia, xa que os antigos gregos foron precisamente os creadores das Olimpiadas. Así que inentaremos polo menos os mércores e os venres manternos en forma correndo, comendo froita e facendo ioga.
Resultado de imagen de gifs animados viajes     E xa para rematar, só dicir que a presentación sobre Holanda quedará no blog, na parte superior do lateral dereito (clicando na imaxe xa enlaza co Prezi). Espero que o disfrutedes!

4 comentarios:

  1. Bueno,bueno ...
    Cuántas cosas estamos conociendo estos días. No para de hablar de todo lo que aprende en el cole, estamos encantados. Muchísimas gracias, de corazón te digo que estás haciendo un gran trabajo con nuestros niños.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sabes que te agradezco muchísimo estos comentarios porque es importante que en casa apreciéis todo lo que los niños hacen en el cole; esta es una etapa en la que la capacidad de aprender está en su máximo esplendor y las profes de infantil procuramos planificar actividades motivadoras y enriquecedoras, hay mucho trabajo detrás y cuando en casa veis de un modo tan positivo nuestra labor y comprobáis lo que aprenden los peques, y que se divierten y disfrutan, nos estáis ayudando mucho, los niños están más motivados si ven vuestro entusiasmo también... De verdad, muchas gracias por estos comentarios, es muy gratificante!!!!

      Eliminar
  2. Jajajaja, e que eu cando probei o iogur non puiden evitar o comentario do doce que estaba (pero é que a min non me gustan as cousas con tanto azucre) e expliqueilles que moitas das merendas que traen e moitos dos productos envasados que tomamos conteñen moito azucre e nin o sabemos, por iso taamén é importante facer exercicio para "queimar" ese exceso de calorías. E eles necesitan moverse e hoxe especialmente porque a viaxe por Europa foi longa pero sin mover as pernas!De todos xeitos creo que Icía non ten moita grasa que queimar!Alégrome de que teñan cousas que contar, iso é o bonito destas etapas, ter diferentes experiencias, experimentar moitas sensacións e emocións, achegarse a informacións variadas e, despois, conversar sobre elas, facer preguntas, sacar conclusións, xerar ideas e novos pensamentos...

    ResponderEliminar
  3. pene Foi un dia moi emocionante. Marcos levaba dias preguntando cantos faltaban para o dia 9 de Europa. Eso quere decir que estaban encantados coa idea de coñecer Europa sin sair do cole. Viña co pasaporte na man, todo orgulloso, para ensinarme a cantozs sitios foran. Que sorte, xa visitaron mais paises europeos ca min. Creo que foi unha a ctividade moi enriquecedora.
    P.D. Non sei quen pintaria o mural (Esa noite estrelada sobre Amsterdam) pero é toda unha artista. Ja ja ja. Non o mesmiño Van Gogh.
    Noraboa por todo

    ResponderEliminar