Hoxe celebramos o Día de Europa. Os pementeiros e pementeiras prepararon unha fantástica presentación sobre os Países Baixos que podedes disfrutar clicando na palabra HOLANDA que hai baixo a imaxe.
Estou moi orgullosa de todos os pementeiros e pementeiras que se animaron a gravar información sobre Holanda para incluír na presentación Prezi. Fixeron un traballo espectacular. Onte estivemos véndoa na aula e encantoulles ver e escoitar a todos os seus compañeiros e compañeiras e, por suposto, a sí mesmos. Espero que todos vós a disfrutedes moito; os nenos e nenas fixeron un gran traballo e, moi importante, participaron con ilusión e esforzo e aprenderon un montón de cousas, así que desexo que nas familias valoredes esta actividade, como sempre facedes a verdade, e lles mostredes aos vosos fillos e fillas esa satisfacción que eu estou segura que sentides vendo os seus progresos.
Na biblioteca organizamos un recuncho moi holandés con obxectos típicos do país, fotografías, libros, imaxes de famosas obras de arte, tulipáns e o noso pólder.
Por suposto, ademais do noso recuncho tan holandés, as profes doutras aulas de infantil e primaria tamén colocaron os seus stands sobre Grecia, Portugal,Alemania, Irlanda, Islandia, Italia, Francia...
Hoxe asistiremos a todas as presentacións e, despois, xa compartirei con todos vos, as fotos desta vistosa e interesante celebración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario