Hoxe foi un día estupendo na pementeira. Algúns nenos e nenas remataron xa o seu pasaporte lector e, por iso, recibiron o seu diploma de bos /as lectores/as. Agora os venres poderán seguir levando un libro a casa (porque é importante seguir lendo e disfrutando dos contos en familia, claro) pero xa non terán que facer a ficha do pasaporte.
¡Mirade que orgullosos estaban os primeiros "diplomados/as"!
E aproveito para mostrarvos, tamén, unha nova caracoliña que nos trouxo Dani para o noso recuncho do mar, porque foi á praia, acordouse do proxecto e quixo compartir connosco esa cunchiña tan feitiña que atopou.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarFelicidades pementeiros/as
ResponderEliminarE tanto que estaba emocionada e nos por suposto, o diploma xa o temos pegado na porta da súa habitación! Moitas gracias por motivalos así, para Noa non foi unha tarefa foi un gusto facer a dinámica do pasaporte, e gracias a traer os contos á casa puidemos coñecer cales son as suas preferencias na escola, cales vivía con emoción e cales repetiamos ata acabar agotados. O mundo dos contos na nosa casa é o mellor, vivindo día a día diferentes aventuras, eso intentamos cada día. Gracias Teté😉
ResponderEliminarA verdade é que na aula tamén disfrutamos moito desa primeira hora cos contos. Salvo días puntuais, están moi atentos e disfrutan moitísimo. Ás veces dame pena que non os vexades porque as caas que poñen, como se sorprenden, as risas que botan, como repiten frases ou expresións, como dubidan ante algún xogo de palabras e como observan a miña expresión a ver que fago eu para empezar a rir ou non... E tamén sei que sempre queren levar libro o venres (aínda quee en ocasións lles dé pereza facer a ficha despois) e iso é o que me importa de verdade... agora estes diplomados/as poderán seguir levando libros claro, faltaría máis. Grazas a vós por facer desta actividade algo familiar e agradable!
Eliminar