Isto vai vento en popa!!!! Non hai quen pare aos pementeiros/as. están todos cumplindo 5 anos sin parar! Hoxe a raíña do día foi Carmen que tamén chegou moi, moi feliz ao cole disposta a celebrar o seu aniversario e convidar a todos a un saboroso biscoito. Apagou rapidamente as cinco candeas, os compis cantáronlle o "Cumpleanos feliz" e, despois, ¡hora de degustar o delicioso doce! Non quedou nin unha migalla.
Estes días empezamos as mañáns con bos sentementos e alegría, así que aproveito para compartir estes vídeos cunha das cancións que cantamos ultimamente.
Moi Ben👏👏👏 Adan levantouse cantando a canción a pesar de que tiña unha rodilla toda rascada e (doialle moito )e decime que non era risa pero el cantaba sería por non chorar porque a profe di que hay que estar alegres .
ResponderEliminarFELICIDADES CARMEN
Pois paréceme ben que ante a dor se lle dea por cantar, jajajaja, a música é unha boa terapia para moitos males, así que seguiremos cantando e bailando!
Eliminar