UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 20 de septiembre de 2017

MÁIS COUSAS PARA O RECUNCHO DO PROXECTO

   Estamos a recibir un montón de cousiñas para o noso recuncho que nos axudan a ir plantexando rutas de investigación e navegación variadas e interesantes. Sara Vidal trouxo un libro titulado "Un día no mar" e Gabriel outro, como o de Icía, con fermosas ilustracións e montaxes tridimensionais do fondo do mar.

   Rafiña trouxo outra foto na que se ve moi ben o fermoso barco escola "Juan Sebastián Elcano" e, como el me aclarou todo orgulloso, o rapaz de camiseta azul que se ve na foto é o seu irmán Felipe. E Óscar trouxo un libriño sobre Peixes e fauna mariña que nos ensinou un montón de nomes de animais que viven no mar.

        E Noa estaba toda contenta mostrándonos o coral que trouxo ao cole. Teremos que investigar que é exactamente iso do CORAL.
 Onte estivemos facendo unha actividade impresa sobre o DRAKKAR, o barco dos vikingos. A palabra Drakkar em peza por D, igual que o nome de DANIEL e practicamos a grafía de dita letra. Os pementeiros/as traballaron moi ben (aínda que teño que insistir un pouquiño para que se concentren, non falen tanto e fagan as cousiñas con coidado e sen correr).























    E hoxe rematamos xa o panel introductorio do Proxecto Nautilus onde recollemos os coñecementos previos e os nosos intereses, o que nos gustaría investigar sobre o mar. Se ledes as cousas que dixeron os nenos e nenas veredes que temos moitos temas sobre os que buscar información.

   Facer o Panel das tres preguntas costounos un pouquiño de traballo porque, despois do verán, parece que é difícil concentrarse durante un tempo nunha actividade que implica, certamente, bastante esforzo. Hai moitas ganas de moverse, de falar, de xogar... e estas tarefas son xusto o contrario: requiren paciencia, tranquilidade, e capacidade de reflexión. Os nenos e nenas destas dades tenden a copiar a afirmación ou pregunta que acaban de escoitar simplemente cambiándolle unha palabra co cal é complicado reconducir a conversa para suxerir ideas diferentes e orixinais. Eu doulle moita importancia a estes momentos nos que se promove que os alunos/as fagan aportacións propias e non só repitan o que eu lles digo (ou que lle escoitan aos demais). Aínda que, ás veces, poda parecer que se cansan ou aburren, non podemos deixar de plantexar actividades deste tipo de maneira que o feito de pensar, reflexionar ou plantexarse interrogantes se convirta, pouco a pouco, nun hábito. ¡Animádeos tamén na casa a falar de temas diversos, a facer preguntas, a comprobar se son certas algunhas afirmacións que fan (convencidos de que xa o saben todo)!
   E, por último, hoxe tivemos tempo de xogar un pouco cos disfraces e botamos unhas boas risas.






2 comentarios:

  1. Miña nai! Canto imos ter que investigar para dar contestado a todas esas preguntas que plantexan os pementeiros e pementeiras... Pero con gusto intentaremos aportar todo o que se non ocurra

    ResponderEliminar
  2. Xenial!!! Mans a obra tamèn dende a casa!! Cantas couisiñas vamos aprender papi e mami, igual que o proxecto do curso pasado, estamos encantados😊

    ResponderEliminar