UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 23 de septiembre de 2017

NOVO PANEL VIKINGO

  Hoxe estreamos o novo panel na Pementeira. Co Proxecto Nautilus tocaba cambiar o panel e había que buscar un tema máis marítimo pois, despois de voar nos globos arredor do mundo coñecendo obras de arte e artistas, agora queremos aprender todo o que poidamos realcionado co mar. E xa que coñecemos a un simpático vikingo chamado Vickie, pois a cousa estaba clara, qué mellor que sair de expedición polos mares en DRAKKAR. E aquí está o novo panel que entusiasmou aos pementeiros/as (que dixeron: "é unha pasada"). Como notaredes, os barcos quedaron un pouco xustos; hai tantos vikingos que algúns teñen que ir encaramados aos paos maiores e ás velas (creo que este fin de semana vaime tocar visitar os asteleiros e mercar outro drakkar para que os nenos/as vaian algo máis cómodos).


 

   A partir de agora, os pementeiros/as que veñan ao cole sairán de expedición no drakkar e os que non veñan ao cole quedarán nas casiñas do pobo vikingo, e teremos que contar cantos van nos barcos e cantos quedaron en terra.
   Seguimos a recibir cousas para o recuncho:
   Carmen trouxo un precioso libro sobre grandes animais que viven no mar, "Xigantes mariños" e Sara Vidal trouxo dous contos, unha de Dora a exploradora e outro dos Bolechas (que xa lemos e nos gustaron moito). rafiña trouxo uns vídeos sobre a vida no mar que nos pareceron moi interesantes; agora teremos que velos para aprender moitas, moitas cousas. Marcos trouxo unha cana de pescar e Sara García un catalexo pirata e unhas cunchas. Noa tamén trouxo unhas cunchas de vieira e Enzo outro catalexo e un garfio de pirata.




 


 Tamén quero agradecerlle a Mario e á súa familia que nos regalaran un reloxo para a aula xa que este ano parece que hai interese por saber qué hora é en cada momento. Así que iremos vendo a qué hora merendamos, a qué hora saímos ao patio, ou a qué hora imos comer.


6 comentarios:

  1. É que o curso pasado estiveron día tras día insistindo en que eu non tiña globo, e que tiña que poñer a miña foto nun globo... E ao empezaar este curso, cando lles dixen que íamos cambiar o panel, o primeiro foi avisarme que me tiña que poñer eu tamén e a Carmen, claro (por se eu non me lembraba de que tiña unha alumna nova, jajajaja) e entón xa me puxen a traballar e na nosa aldea vikinga xa estamos Carmen e máis eu (no fondo encantoume que me avisaran de que tiña que poñer a miña foto!) pero os Drakkar quedáronme escasos de plazas así que eu decidín ir a nado!

    ResponderEliminar
  2. Moi chulo o panel!!! Agora entendo porque o recollelo no comedor estaba todo preocupado porque lle faltaba o seu globo de arte, agora o podemos entender Tania 😅😅😅

    ResponderEliminar
  3. Adan decirme está quedando moi chulo EU estoy arriba de todo dirigiendo como o abuelo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. E que esa información do seu avó é moi interesante! A ver se el se anima a contarnos máis cousiñas: por onde navegaba, cantos mariñeiros ían no barco, qué facían (pesca, transporte de mercancías...). Encantoume ver o orgulloso que estaba cando me dicía que o barco da foto era o do seu avó, cunha ilusión e unha satisfacción tan grandes!Estivo xenial! Gústame moito cando aparecen cousas deste tipo, coas que os nenos/as se sinten máis identificados pola cercanía familiar, e mostran admiración pola familia...

      Eliminar
  4. Que ilusión lles fixo traer o globo para a casa, pero mais ilusión ainda estrear panel novo. Xa estou vendo que o verán que ven teremos que alquilar o autobús de Bustelo e iremos todos a Catoira en agosto. Incluida tamén ti Teté, ou deixaremosche ir a nado. Ja, ja, ja.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A ver se o concello nos paga o autobús, a comida e os atuendos vikingos a cambio de promocionarlle a festa! jajajaja. O de ir a nado xa o falaremos con calma. O importante agora e seguir investigando cousas a ver ata onde chegamos!

      Eliminar