Obedecendo ao Meco, hoxe cambiamos os mandilóns por mandiles. Os pementeiros/as chegaron ben preparados para... ¿cociñar?, a verdade é que parecía que ían facer uns biscoitos ou unhas galletiñas no forno pero no, cantaron, bailaron, fixeron unha ficha e xogaron pero non cociñaron nadiña de nada e iso que eu tiña ganas de probar unhas orellas de Entroido.
Despois das fotos, do ensaio, do conto e das cancións chegou o momento do traballo que, como veredes no vídeo, foi bastante tranquilo.Gústame ver eses momentos nos que podemos concentrarnos nunha tarefa disfrutando da música e dun ambiente de traballo relaxado.
Por último aínda tivemos tempo de estrear uns xogos novos que temos na aula que nos axudan a desarrollar a capacidade de observación, a orientación e organización espacial, a concentración e a memoria.
Estes días tamén estivemos facendo unhas langostas pintando os cartóns dos ovos e están quedando superdivertidas.
E o pementeiro que, nesta ocasión tivo a sorte de levar a mochila pirata foi Pablo. Estamos xa rematando esta ronda de viaxes. Non sei se os pementeiros/as terán ganas de levar algunha cousa máis para casa...
E mañán poderemos durmir un cachiño máis pola mañán porque como xa podemos vir co pixama...
Pois si que quedaron ben chulas esas langostas, mira que traballan estes pimenteiros, e ademais estaban todos guapisimos cos mandiles, xenial rapaces
ResponderEliminar