Estamos preparando a celebración do Día da Muller Traballadora que se conmemora o 8 de marzo. Para iso o primeiro paso que eu quería dar era promover unha pequena reflexión que todos temos que facer sobre a presencia das mulleres na sociedade dun xeito visible, activo e valorado en condicións de igualdade cos homes. As mulleres practicamente non estén presentes nos libros de texto, nos documentais que vemos na TV, nos traballos de investigación científica ou histórica... e se nos paramos a pensar cantos homes importantes coñecemos (escritores, pintores, científicos, aventureiros, inventores, descubridores, deportistas...) a lista é enorme. Pero en canto pasamos a falar de mulleres, a lista é moito máis curta sen dúbida.
Iso foi o que fixemos onte e hoxe na Pementeira: falar de homes e mulleres importantes e mirade como quedaron as nosas dúas listas.
¿Qué vos parece? A primeira lista xurdeu sen dificultade, todos tiñan nomes que aportar. A segunda lista precisou de varias pistas para ir recordando cousas que traballamos no cole e, aínda así, non conseguín que recordaran algunhas mulleres sobre as que traballamos o curso pasado como pode ser Frida Kahlo. E cando lles dixen que pensaran nalgunha cantante, xa vedes as que apareceron. Non sei se podemos dicir que son importantes ou non pero polo menos para os pementeiros/as son visibles no seu día a día.
Pois ben saquemos conclusións: é evidente que non podemos cambiar o curso da historia e non temos que ocultar a importancia de moitos homes, pero seguro que se lle poñemos interese tamén atoparemos moitas mulleres que fixeron cousas fantásticas en moitos campos profesionais e que quizá non foron recoñecidas pola súa contribución á sociedade.
Así que empezamos a traballar. Desde o equipo de extraescolares do centro, fixemos a proposta de investigar sobre mulleres relevantes ao longo da historia e cada grupo-aula vai traballar sobre unha ou varias mulleres que tiveron algo que dicir, que loitaron por algo, que deron un paso adiante para demostrar que tiñan moito que aportar.
E na Pementeira empezamos por coñecer a MIRIAM MAKEBA, unha cantante sudafricana que, ademáis, foi unha auténtica activista na loita pola defensa dos dereitos humanos e contra o apartheid.
Aprendemos algunhas cousiñas sobre ela pero tamén disfrutamos escoitando e bailando a súa música, esa que ela empregaba para facer visible a súa raza e para falar da inxustiza que se vivía no seu país pola culpa do apartheid. E mirade que bo ambiente se crea na aula escoitando UYADELA ou bailando PATA PATA, probablemente a súa canción máis coñecida, con Just Dance.
E agora estamos elaborando un cartel sobre Miriam Makeba para participar nunha exposición no cole sobre Mulleres Importantes. Se vós, nas familias, admirades a labor desenvolta por algunha muller no campo das artes, a literatura, a ciencia, a investigación de calqueira tipo, a loita social... non dubidedes en falarlle aos vosos/as fillos/as sobre elas.
E hoxe o pementeiro que levou a casa a mochila pirata con moita alegría foi Izan. Espero que a disfrute moito.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarPasámolo xenia !!!!
ResponderEliminar👏👏👏👏 🎉🎉
Grazas
Alégrome. Eu tamén tiña ganas de que o levara. Esperemos que todos disfruten máis veces de máis libros viaxeiros.
EliminarClaro que hai! pero non estiveron moi presentes no sistema educativo nin nos medios de comunicación durante gran parte da historia da humanidade. Deberíamos empezar a valorar as súas aportacións de igual maneira que facemos coas de un home porque os nenos/as pequenos reflicten o que ven, escoitan e perciben no seu entorno (escola, familias, televisión, contos...) así que temos que empezar a mostrarlles outros modelos de mulleres que vaian máis alá do que se ve na publicidade, en moitas películas, en moitos contos... Podemos empezar buscando algunhas que teñan unha historia fácil de adaptar áo nivel de comprensión dun neno/a de 4 anos... non sempre é sinxelo pero por aquí estamos intentándoo! Grazas pola colaboración desde a casa!!!
ResponderEliminar