No primeiro trimestre empezamos a pintar unha imaxe que ten moito que ver co noso proxecto. Trátase dun dos murais que o pintor da Coruña Urbano Lugrís elaborou en Malpica, na Casa do Pescador e que representa unha balea xa que, fai moitos anos, os mariñeiros dese pobo costeiro saían cos seus barcos ata lugares lonxanos para pescar baleas.
A este artista chamáronlle, en ocasións, o "pintor do mar" porque lle gustaban moitos os temas mariñeiros sempre envoltos nun aura de misterio, como se foran soños nos que se mesturan imaxes máis ou menos reais con outras totalmente fantásticas.
Foi un traballo longo porque este ano parece que non atopábamos tantos momentos para pintar, ou a tranquilidade necesaria para facelo. Pero estamos moi satisfeitos todos porque, finalmente, logramos rematar a nosa obra e colocala no corredor (algúns de vos quizá vos déstedes conta de que estaba alí cando compartín imaxes de parte da decoración antes do entroido). É importante ver que, aínda que nos leve tempo, os traballos en equipo dan bos resultados. Todos poñemos un pouco da nosa parte para acadar un obxectivo común.
Na parte superior do mural podemos ler a seguinte frase: "EN TEMPOS OS FORTES HOMES DE MALPICA CAZABAN BALEAS POR LONXANOS MARES"
Menudos artistas !!!!!
ResponderEliminarNoraboa quedou impresionante.
Noraboa pimenteiros encantounos a todos os da casa ese cuadro tan chulo, que concentración, moi ben
ResponderEliminar