UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

viernes, 23 de febrero de 2018

OUTRO VENRES SAUDABLE

     Xa chegou o venres outra vez. O curso pasa voando. E, unha vez máis, tratamos de ter un día saudable merendando froita e practicando ioga.
    Hoxe repasamos un pouco toda a secuencia do "Saúdo ao sol" que temos que perfeccionar porque estes pementeiros/as teñen moita presa e queren correr e correr e, como consecuencia, esquecen algunhas posicións intermedias e fan un saúdo un pouco resumido. Así que practicamos un pouquiño e fomos recordando os distintos pasos para saudar ao sol de xeito pleno, relaxado e correcto.
    Sara García fíxonos toda a secuencia co calma para que eu lle poidera sacar as fotografías a cada momento preciso.





   E Marcos fíxonos a secuencia completa para que eu a gravase en vídeo e así ter todo o proceso ben clariño. ¡Grazas Sara e Marcos por esa paciencia e concentración!


    Despois practicamos a posición do "Arco" o "Dhanurasana" tras coñecer a historia correspondente (que teño que dicir que todos escoitaron con moita atención).



   Imagen relacionada













    Tamén tivemos oportunidades ao longo da semana de disfrutar cos novos xogos de Tullet ou os da mochila pirata.

















     

E para rematar este pequeno resumo da semana, tamén podemos contarvos que pintamos unhas rosas para poder regalarlle a Rosalía de Castro o día do seu cumpleanos, que xa é mañán. E quedaron ben bonitas.











No hay comentarios:

Publicar un comentario