Empezamos xa o mes de marzo e para a semana toca celebrar o Día da Muller Traballadora. Como xa adiantamos, na Pementeira estivemos traballando sobre Miriam Makeba e preparamos un cartel sobre ela para colocar nunha exposición no corredor do cole. Tivemos que escribir algunha información sobre "Mamá África" (pois así tamén era coñecida Miriam Makeba), colorear as letras que forman o seu nome e, o máis divertido de todo, sacar unha foto dunha nena simulando ser a auténtica cantante sudafricana. Había tres nenas voluntarias pero tivemos que facer un sorteo para ver quen sería a nosa artista e tocoulle a Sara García. Para caracterizala axeitadamente buscamos un vestido africano auténtico (chegado de Costa de Marfil non de Sudáfrica, pero foi o máis preto que chegamos da terra natal de Makeba), un colar e pendentes, un pano para facer eses turbantes que ela levaba moitas veces e un micrófono que nos prestou Marcos... ¡ah! e un pouquiño de maquillaxe para facer que Sara tivera a pel un pouquiño máis escura do habitual nela, para que parecera un pouco máis africana.
Como poderedes imaxinar, foi o máis divertido do día. Todos os nenos e nenas observaron divertidos o proceso de caracterización e disfrutaron vendo como Sara facía que cantaba.
Tras rematar o panel informativo sobre Miriam Makeba, pensamos que sería interesante facerlles unha visita aos compañeiros/as da Sementeira para presentarlles a esta muller artista e loitadora polos dereitos humanos e, de paso, que os nenos e nenas de 5 anos nos presenten a outra muller importante sobre a que eles estiveron traballando: Silvia Earle.
E, por último, rematamos a xornada de hoxe colocando os nosos carteis no lugar destinado para a exposición sobre Mulleres que se reservou no corredor principal do cole. Son os primeiros paneis informativos que se colocan pero quedan moi ben. A próxima semana iremos visitando esta exposición para ir coñecendo outras mulleres relevantes que fixeron aportación importantes á nosa sociedade.
E, por outra banda, como hoxe é venres tivemos a nosa sesión de ioga semanal. Hoxe empezamos con máis tranquilidade facendo unha invocación coas mans diante do peito e os ollos pechados e resultou bastante ben porque conseguimos concentrarnos un pouquiño mellor que o venres pasado. Despois fixemos a posición do peixe, tras escoitar a historia correspondente, e recordamos a do arado.
Hoxe foi un día bastante completo e, con todo o que podedes ver nesta entrada, tivemos tempo de cantar, de ler un conto, de facer unha actividade impresa, de escoller o libro do pasaporte lector e, por suposto, de merendar froita, poñer o gomet correspondente no rexistro e sair a xogar ao patio. ¡Así é xenial estar no cole!
Fantastico dia polo que vemos. E xenial Sara Makeba. Guapisima. Moi bo traballo de todo o equipo, profe e nenos. Toda a familia e o vecindario enteiro sabe que : os negros son igual que os blancos, igualitos. Os blancos de antes inventaros o Apart heid que significa apartate negro pero eso non está ben. Non se pode decir que alguen fixo mal solo porque sea negro e sin ter culpa. E antes os blancos facian eso cos negros. Miriam makeba , que tamen lle chamaban mamá africa, luchou contra eso e usou a suas cancions para luchar contra o apart heid". Leccion explicada por marcos a todo aquel que osaba saludalo no dia de onte. Gracias Teté por estas leccions de vida. Noraboa polo gran traballo a todos.
ResponderEliminarJAJAJA, na aula de 5 anos entroulles un pouco de nerviosismo e non eran capaces de explicarse con tanta claridade pero eu sei que as ideas básicas as entenderon e seguro que cando están falando con alguén tranquilamente as explican. O importante é que vaian asimilando a importancia de respectar aos demáis polo que fan e son nas súas vidas e non pola cor da súa pel. Grazas a vos por seguir falando de todo isto nas familias, así si que podemos cambiar as cousas!!!!
EliminarXenial! está moi ben que falen destas cousas porque si desde pequenos van coñecendo historias deste tipo e van interiorizando que non é axeitado considerar inferior a ninguén pola súa raza, color de pel, orixen etc,, este será o primeiro paso para que de maiores non admitan estas inxustizas ou outras similares. Claro que é complicado que comprendan todo na súa complexidade e profundidade pero polo menos vanse familiarizando con moitas cousas e xerando pensamentos máis abertos. Grazas por comentalo no blog. É moi agradable comprobar que un tema concreto lles deixou algunha pequena pegada que os leva a contarvos algo a vos!
EliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminar