UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

sábado, 10 de marzo de 2018

OUTRA SEMANA CHEA DE ACTIVIDADES

     Aínda que intentamos contarvos ás familias case todo o que facemos na aula ao longo da semana sempre hai cousas que quedan no tinteiro, así que hoxe aproveito esta entrada do blog para mostrarvos algunhas cousiñas que non apareceron nas entradas desta semana.
     Lendo cousiñas sobre a fauna mariña atopamos que as morsas teñen uns colmillos que poden medir un metro. Como cando falamos do narval xa comprobamos a lonxitude do seu colmillo e a comparamos coa altura dos nenos da aula, agora tamén quixemos visualizar canto é 1metro así que pegamos unha cinta métrica nun estante de maneira para poder colocarnos ao seu lado e comprobar se medimos máis ou menos dun metro. Icía, por exemplo, mide un pouco máis que o colmillo dunha morsa!!!! Pero tamén aproveitamos para observar que a cinta métrica está dividida en partes moi pequeniñas que se chaman centímetros e que para ter 1 metro ten que haber 100 centímetros. Claro que teremos que seguir traballando sobre esto e iremos medindo cousas para ir asimilando pouco a pouco estes conceptos.
    Cada día temos tempo para xogar coa plastilina ou as construccións, facer puzles ou formas palabras con letras ou  sílabas móbiles, xogar cos "pinchos" ou cos peixes... En fin, variedade de xogos que nos divirten pero tamén nos fan pensar, nos axudan a concentrarnos e nos permiten mellorar a psicomotricidade fina. Esta semana algúns nenos e nenas disfrutaron xogando cos números facendo sumas e ata restas. É increíble comprobar como eles memos van avanzando nas nocións de cálculo, aínda que non o traballemos dun xeito consciente ou nunha actividade impresa. Cando pasamos lista e contamos os nenos e nenas que están no cole ou na casa, por exemplo, empregamos operacións matemáticas, sumamos e restamos todos os días, e agora eles están xa facéndoo de xeito autónomo e, mesmo, empregan os signos correspondentes. Ás veces fan cálculos rápidos sin utilizar os dedos das mans, outras veces non lle chegan os dedos e precisan outros mecanismos para contar e, por iso, botan man do ábaco que lles chama moito a atención... Pero caso é que van avanzando con moita seguridade na realización de operacións matemáticas disfrutando e xogando.







    Como xa sabedes o día 8 celebramos o Día da Muller Traballadora. Nesta semana falamos moito das mulleres, e fomos coñecendo mulleres importantes porque descubrimos que, case sempre, son esquecidas nos libros de texto, nos medios de comunicación e na Historia con maiúsculas. É verdade que non chega con adicar un día ou unha semana a reflexionar sobre as aportacións das mulleres á sociedade pero, polo menos, é un bo punto de partida ter presente esta conmemoración e organizar actividades que nos fagan pensar. O equipo de extraescolares do centro organizou unha exposición de paneis informativos sobre  mulleres e, como xa sabedes, os nenos e nenas de infantil tamén participaron. Agora temos no corredor do centro un monón de carteis que podemos observar e ler para coñecer a mulleres tan importante como Miriam Makeba, Silvia Earle, Wangari Maathai, Hapshepsut, Rosa Parks, Frida Kahlo, Amelia Earhart, Valentina Tereshkova, Teresa de Calcuta, Virginia Woolf, Sally Ride, Concepción Arenal...




















   Gustaríame que tamén nas familias falárades destas cousas e procurárades modificar certos estereotipos que aínda permanecen na nosa sociedade. Por exemplo , nas conversas que fomos tendo esta semana sobre as diferencias que hai entre homes e mulleres, chama a atención que os nenos e nenas de 4 anos teñen moitas dificultades para identificar as características que nos definen como tales, quero dicir, costoume moitísimo traballo que me dixeran algunha diferencia real, biolóxica, física, entre un home e unha muller, para eles o único que define a unha muller é que "ten coletas", "ten pelo longo", "pinta as uñas", "leva pendentes", "pon falda e vestidos"... Fixádevos o importante que é para os pequenos o externo, o que vemos por fóra... Ben, o que eu intentaba era explicarlles que podemos ter diferencias físicas pero o noso cerebro ten as mesmas capacidades e habilidades. E por iso empecei a insistir en que as nenas poden adicarse ao que lles guste de verdade porque non hai profesións para homes e profesións para mulleres. Cando dixen que as mulleres tamén poden futbolistas, policías, médicos... aí un neno interrumpeume e dixo: "sí, pero cando unha muller é médico chámase enfermeira". Papás e mamás, reflexionade sobre isto. Por suposto eu expliqueille que son cousas distintas e que hai mulleres médicas e mulleres enfermeiras e hai homes médicos e homes enfermeiros. Pero preguntádevos por qué un neno de 4 anos fai esa afirmación con tanta seguridade. O colexio, pero tamén a familia, ten que ser consciente dos prexuizos e estereotipos que están aínda presentes na nosa sociedade e que, quizá, seguimos fomentando inconscientemente. Traballemos xuntos sobre estas cuestións para lograr que tanto as nenas como os nenos poidan ter a oportunidade de adicarse ao que lles guste de verdade e non limiten os seus soños ao que desde pequeniños se lles vai inculcando que debe facer un home e o que debe facer unha muller.
Resultado de imagen de frases sobre mujeres
   Para rematar a semana tivemos a nosa sesión semanal de ioga:

  • Postura da águia:
  •                         Imagen relacionada



  • Postura da ponte (setubhanda)

                                         Resultado de imagen de setubanda







  • Postura do guerreiro 1 e 2 (virabhadrasana 1 e 2)

Resultado de imagen de virabhadrasana










 ¡BO FIN DE SEMANA!


No hay comentarios:

Publicar un comentario