UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 7 de marzo de 2018

O CICLO DA AUGA

     Hoxe na Pementeira fixemos un sinxelo experimento para coñecer e comprender o Ciclo da Auga. Primeiro nunha bolsa de plástico transparente pintamos unhas ondas do mar, un sol e unhas nubes. Iso sería un pequeno esquema do que intentábamos reproducir dentro da bolsa. Con auga tinguida de azul con colorante alimenticio simulamos o mar; pero fixemos unha pequena trampiña. O caso era que a auga do mar tiña que quentarse coa calor do sol pero é que hoxe o sol non estaba moi presente por estes lares co cal fixemos que a auga se quentase un pouquiño máis rápido grazas a un microondas.













    Todos os nenos e nenas comprobaron que a auga xa estaba un pouquiño quente, coma se o sol estivera "traballando" toda a mañán. Ese auga xa morna, colocámola dentro da bolsa transparente e, a continuación, pegámola nunha ventá da clase que ademáis ten un radiador xusto debaixo (para que seguira mantendo calor na auga). Dese xeito a auga poderçia ir evaporándosee pasando do estado líquido ao estado gaseoso e, así, formar as nubes. Despois de esperar un pouco, comprobamos que na parte superior da bolsa xa había bastante condensación, e esa auga evaporada estaba empezando a condensarse de novo en pequenas gotiñas para caer en forma de choiva outra vez sobre o mar, a terra, os ríos, as lagoas...




















    E, para finalizar esta experiencia, estivemos vendo un documental moi divertido que nos explicaba paso a paso ese Ciclo da Auga que tratamos de reproducir na bolsa de plástico.



1 comentario:

  1. Que chulada de experimento, moi boa forma de aprender o paso de diferentes estados, 👏👏👏e as súas caras eran de estupefacción, xenial!!

    ResponderEliminar