UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 21 de marzo de 2018

EMPEZOU A PRIMAVERA

Resultado de imagen de el ultimo día del invierno
   ¡Xa chegou a primavera! Os pementeiros/as estaban emocionados porque iso de que empece a vir o bo tempo é bastante importante para eles (aínda que eu lle insisto en que é fundamental que chova, e eles repíteno con seriedade, no fondo están desexando que faga sol para xogar fóra, correr e brincar libremente, ¡é lóxico!). Onte estivemos falando dos cambios que traerá a primavera, lemos un conto titulado "O último día do inverno", e como unha cousa vainos levando á outra pois acabamos falando dos movementos de rotación e traslación da terra. Dani fixo de sol e Anrís representou á terra dando voltas sobre sí misma e virando, tamén, arredor do sol, mostrándolle así de xeito moi gráfico os dous movementos do noso planeta. Tamén comprobamos cunha linterna como parte da terra recibe a luz do sol, e por iso é de día, e como noutra parte do planeta é de noite.
      Hoxe estivemos traballando un pouquiño a concentración e o control grafo-motriz escoitando música de Cedella Marley. Aproveitando que falamos das illas onde se escondían os piratas "viaxamos" ata Jamaica para coñecer o reggae e a música de Bob Marley. ¡Mirade como temos momentos de tranquilidade e atención de vez en cando!




   E como o venres creo que vai ser complicado facer ioga, decidimos aproveitar hoxe un ratiño para estirar músculos e coñecer algúns accesorios que se utilizan en certas asanas. Primeiro colocamos o antideslizante e despois empregamos un taco e un cinturón para facer algunhas posicións.





















    E, por último, Anrís chegou todo contento porque trouxo unha ánguila eléctrica para mostrarlla a todos os seus amigos/as.


No hay comentarios:

Publicar un comentario