UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 14 de marzo de 2018

METRO E CENTÍMETRO

    Co noso Proxecto Nautilus xurden na aula moitas cuestións que nos animan a investigar e a plantexar experiencias prácticas para poder comprender mellor certos datos que lemos ou escoitamos. Cando coñecemos ao narval, xa vimos que tiña un colmillo de ata 2 metros e agora coa morsa lemos que os seus colmillos miden 1 metro. Así que en áis dunha ocasión xa nos achegamos a esa unidade de lonxitude internacional. Xa aprendemos que está dividido en centímetros, e que para ter 1 metro necesitamos 100 centímetros. Hoxe foi o momento de facer unha actividade máis concreta co metro para familiarizarnos máis co  feito de medir lonxitudes.
    Primeiro fixemos tres "churriños" de plastilina, cada un máis longo que o anterior. Despois medímolos coa cinta métrica e, por último, puxemos ao seu lado o número de centímetros que medía cada un.











    Despois, os pementeiros/as tivéronse que enfrentar a un reto: traballar en equipo para facer un "churro" de plastilina dun metro de lonxitude. O reto gustoulles, pero o problema é traballar en equipo porque nesta aula hai moitas ganas de mandar e ser líderes e poñerse de acordo costa bastante traballo. Nun par de ocasións tiven que intervir para reconducir a actividade, conseguir que baixaran a voz e dar un par de consellos para poder lograr o obxectivo. Finalmente conseguiron superar o reto.










     E antes de rematar a xornada aínda tivemos tempo de ler libros do mar e xogar coa plastilina.









2 comentarios:

  1. Que ben o tiveron que pasar facendo churriños e o super churro para poder medilos. Enzo ten un medidor na habitación, últimamente midese todos os días para saber si medrou😅

    ResponderEliminar
  2. ¡¡Canto aprenden est@s pementeir@s!!,pola sua cara parece que lles gustou facer os churros coa plastilina para conseguir facer un metro,¡¡xenial que aparte de aprender pois disfruten!!

    ResponderEliminar