UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 18 de septiembre de 2016

FIN DA PRIMEIRA SEMANA

Rematou xa a primeira semana de cole. Os pequepementeiros/as están tratando de adaptarse a cousas novas pero, a verdade, é que o van levando ben. No cole temos máis obrigas que na gardería e na casa e, as veces, non apetece facer o que pide a profe pero, pouco a pouco, eu sei que imos ir avanzando e asumindo certas rutinas como a cousa máis normal do mundo.
O venres xa estivemos máis tempo no cole e o grupo tamén era más numeroso así que tocou compartir xoguetes e a atención da profe con máis compañeiros que antes.
Cantamos unha canción para saúdar e iniciar a xornada xuntos, lemos o conto e, despois, estivemos probando a ver quen era capaz de facer a letra A coa plastilina. Houbo varios nenos/as que o intentaron e o conseguiron; outros/as non querían probar... Intentarémolo noutra ocasión.



































Co segundo grupo, fixemos unha minisesión de relaxación porque compartir xoguetes e poñer chaquetas e mochilas puxo un pouco nerviosos a alguns pementeiros. Así que aproveitamos para introducir unha rutina habitual na "Pementeira": uns minutos de relaxación escoitando música clásica.





E agora, empezamos unha nova semana. Seguro que o pasamos moi ben!

2 comentarios:

  1. A verdade e que o ver a sua cara seria a hora da entrada quedabamos algo preocupados, pero o ver estas imaxes e o intentar explicarlle que é fin de seman e non hai cole, xa nos quedamos moito mais tranquilos:)
    Grazas polo traballo que estás a facer cos nosos peques.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas por visitar o blog. Alégrome de que vendo as fotos vos tranquilicedes. É importante que os nenos/as noten que vós confiades nas profes e estades felices co que eles/as fan no cole. É a mellor maneira de que teñan ganas de vir, de aprender e de medrar, porque a vosa percepción do cole é fundamental para eles. Así que, espero que sigades tranquilos e confiedes en que queremos proporcionarlles aos vosos fillos experiencias divertidas, interesantes e significativas para eles. Imos poñer toda a nosa vontade en logralo e a vosa axuda será importante. GRAZAS!!!!

      Eliminar