UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 12 de septiembre de 2016

¡EMPEZAMOS O CURSO 2016-2017!

Hoxe, día 12  de setembro, comezamos na Pementeira unha nova etapa. Os nenos e nenas que ocuparon esta aula durante tres cursos están xa en Primaria, afrontando novos retos, experiencias e vivencias. A todos eles/as lles desexo un curso fantástico, que aprendan moito e que disfruten máis.
Agora, a min tócame recibir a uns pequepementeiros/as de 3 aniños que chegan cargados de enerxía e de potencial e cos que, espero, compartirei momentos estupendos.
Iniciamos o curso co Período de Adaptación e hoxe sacamos as primeiras fotos na aula.


























Estámonos coñecendo e, ata o de agora, a cousa vai indo ben. A ver se mañán tamén disfrutamos do cole e, pouco a pouco, empezamos a aprender cousas novas disfrutando a tope.
¡Benvidos pequepementeiros/as!
Resultado de imagen de gifs animados de bienvenidos a clase

3 comentarios:

  1. AQUI ESTAMOS DE NOVO. PREPARADOS PARA APRENDER UN MONTON DE COUSAS E TAMEN ENSINARLLE ALGUNHA AOS COMPAÑEIROS, CLARO. JA, JA.
    GRACIAS POR FACERNOS PARTICIPAR DE TODAS AS ACTIVIDADES DOS NOSOS FILLOS XA DESDE O PRIMEIRO DIA. PARA MIN É FANTÁSTICO TER A POSIBILIDADE DE VER E PARTICIPAR EN TODAS OU CASI TODAS AS COUSAS QUE FAN, QUE SEGURO VAN A SER UN MONTÓN E MOI INTERESANTES TANTO PARA ELES COMO PARA NOS.
    QUE BEN O IMOS A PASAR TODOS!!!!
    UN SAUDO TETÉ E PEMENTEIROS E PEMENTEIRAS.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas por visitarnos!!!!! Que alegría! Pouco a pouco irei personalizando o blog para que sexa voso e dos vosos fillos de verdade. Xa veredes como en pouquiños días xa serán eles/elas os que ocupen todo este espazo e sexan os auténticos protagonistas. Empezamos con ilusión e moitas ganas. A ver se, entre todos, facemos que este ciclo de infantil que empezan estes pequepementeiros sexa unha experiencia fantástica!!!

      Eliminar