UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 14 de septiembre de 2016

¡SEGUNDO DÍA DE COLE!

Hoxe na Pementeira cantamos e bailamos a canción "O polo Pepe" e, despois, xogamos coa plastilina. Aínda que para algún neno ou nena a entrada é un pouquiño difícil, teño que dicir que dentro da aula non hai problema e pasámolo moi ben. O momento da separación dos papis pode resultar complicadillo pero é cousa dun par de minutos. Por iso me gusta poñer estas primeiras fotos para que as familias poidades ver cómo se atopan os nenos e nenas unha vez que cruzaron a porta.
Estamos intentando coñecer algunhas rutinas da aula :
  • Colgar as chaquetas e as mochilas nos percheiros.
  • Recoller xoguetes e materiais de "traballo" unha vez finalizadas as tarefas.
  • Pedir permiso para coller un xoguete ou ir ao baño.
  • Non falar berrando.

A medida que vaian estando máis tempo na aula poderei mostravos moitas máis cousas. Pero, polo menos, podedes comprobar que todo o grupo se mostra bastante participativo e comunicativo e iso xa é importante.















































































2 comentarios:

  1. DA GUSTO VELOS CON ESAS CARAS DE "YA SOY MAYOR". POLAS FOTOS DA A SENSACIÓN DE QUE SON SANTOS! JA JA JA. ALEGRAME VELOS DISFRUTAR CO BAILE E COA PLASTI, COA QUE LLES DEU TEMPO A FACER UN MONTÓN DE COUSAS, POLO QUE ME CONTOU O OBRERO QUE TEÑO NA CASA, QUE HASTA FIXO UNHA CUEVA CON ANIMALES E TODO... JA JA JA
    BICOS

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estamos coñecendo os materiais que hai pola aula e tratando de ir creando certas rutinas. A verdade é que parece que teñen ganas de facer cousas. Agora queda ver se imos ser capaces de organizarnos ben cando estén os 23 xuntos, jajajaja!

      Eliminar