UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 25 de septiembre de 2016

¡HOLA, OLA!

O pasado venres 23 de setembro, fixemos a nosa primeira gravación na "Pementeira". A xornada empezou moi ben, xa costou un pouquiño menos que o día anterior facer as rutinas de entrada e como veredes no vídeo, os pequepementeiros/as estaban moi contentos e animados cantando a nosa canción de saúdo "¡Hola, ola!
É sorprendente comprobar o rápido que memorizan as cancións e os poemas (como o "Triqui, traque" que repetimos sempre que imos na fila) e gústame que as familias, tamén, comproben que pasamos momentos moi divertidos na aula compartindo o pracer de escoitar música e cantar xuntos.
Asímesmo poderedes ver cómo intentamos relaxarnos escoitando o "Nocturno" de Chopin. Certamente concentrase na música, estar calados e quietos e, en definitiva, relaxarse non é tan sinxelo cando tes 3 anos pero, aínda así, vedes que o van intentando e comprenden que eses minutos son para escoitar e controlar a nosa enerxía buscando a tranquilidade.
Espero que disfrutedes vendo este movie-maker.

4 comentarios:

  1. Xa vexo que a cámara nos lle impón. Eles siguen ó seu. Ja ja. Que gusto dá velos en cada actividade.
    Gracias.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que non parece que se poñan moi nerviosos. Hoxe vimos o vídeo na clase e gustoulles moito verse. E a presentación dos seus noms teño que poñerllela sempre dúas ou tres veces.

      Eliminar
  2. È unha idea estupenda....que riquiños...

    ResponderEliminar
  3. È unha idea estupenda....que riquiños...

    ResponderEliminar