UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 29 de septiembre de 2016

FOLLAS, TARTARUGAS E UN CARILLÓN DE VENTO

Inmersos xa no outono, na Pementeira estivemos pintando unhas follas coas cores propias desta estación: marrón, amarelo, laranxa, vermello... Nesta ocasión empregamos ceras blandas.








Pintar é moi divertido. Aos pementeiros/as gústalles moito, así que onte e hoxe estivemos pintando unhas tartarugas como a do conto que lemos onte. Recordamos a historia narrada e Pablo demostrounos que prestara moita, moita atención porque cando falábamos do que lle ocurría a Lúa, que non quería ter amigos porque tiña moita vergonza, el díxonos que era TÍMIDA. ¡Xenial por Pablo que recordou esa palabra!


























Despois de pintar, coñecemos un artiluxio que nos gustou moito porque un sonido moi relaxante que nos axuda a tranquilizarnos. É un carillón de vento. Mirade como o tocaban os pementeiros/as.

























3 comentarios:

  1. Hugo mais eu miramos o blog todos os días e bailamos e cantamos as cancions gracias por este blog que nos gusta tanto como me di hugo gustamos un monton

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Grazas María (pola parte que me toca) aínda que a maior parte do mérito é dos nenos e nenas porque eles son os "actores" protagonistas. Estamos disfrutando de moitas cousas no cole e se vos mostran o que lles gusta e que están contentos, para min iso é un éxito enorme. Grazas por compartilo no blog.

      Eliminar
  2. Que bonitas quedaron esas tartarugas!!!

    ResponderEliminar