UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 19 de septiembre de 2016

¡HOXE XOGAMOS NO AREEIRO!

Por fin os pementeiros/as saíron ao patio e xogaron un bo cacho no areeiro. Pero iso non foi o único que fixemos (aínda que para eles/as foi importante) xa que empezamos o día traballando as rutinas:

  • Entramos na aula.
  • Colocamos o botellín de auga no seu lugar.
  • Colocamos a libreta no seu lugar (para que a profe poda revisalas)
  • Colgamos abrigo e mochila no percheiro.
  • Cantamos a canción de saúdo.
  • Escoitamos un conto.
Despois de facer todo isto, disfrutamos vendo una presentación en power-point na que saen todos os /as pementeiros/as cos seus nomes. A todos lles encantou verse e tívena que poñer tres veces (con cada un dos equipos). Se queredes vela na casa, tedes que clicar encima do cadro "A escola de Doloriñas" de Xulia Minguillón que está na columna dereita do blog, on de pon OS PEMENTEIROS.


A continuación tocou facer un debuxo.








Despois de debuxar, había que mover o esqueleto. Así que fomos a aula de psico a bailar unha cancionciña que nos gustou moito:
"cabeza, hombros, rodillas, punta de los pies..."


















E, por fin, chegou o momento de saír á area. ¡Qué ganas tiñan!¡ E que ben o pasaron!






































E, para rematar, sesión de relaxación escoitando o "Nocturno" de Chopin e, así, saír tranquiliños ao encontro dos papás e as mamás.










¡Un buen lunes!









6 comentarios:

  1. Caramba cantas cousas fixeron hoxe. A eso chamolle eu aproveitar ben o tempo! E pasarono en grande!!! Intentaremos reforzar na casa o tema pendiente: escoitar cando falan os demais e pedir o turno de palabra, que creo que non o teñen moi asimilado.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Jajajaja, o de levantar a man e esperar a que eu lles de a palabra é complicado. Levántana, é verdade, pero xa falando ben alto para que se lles escoite. Pero, benvidas sexan as ganas de falar, de responder, de aportar cousas e de pensar. Teño ganas de ver ata onde chegamos con estes novos pementeiros/as tan activos. Espero ter enerxía dabonda!!!!

      Eliminar
  2. Qué ben, xenial.
    Cómo traballaron estes nen@s.
    Seguro que a un que me sei eu, lle costou moito deixar a area, e si fora terra moito mellor para él, ja,ja,ja.
    Bicos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A area é xenial! Sabemos que, despois, hai area por todos os lados pero ¡disfrutan tanto! Enchen caldeiros, fan montañas e buratos, transportan as cousas dun lado para outro, constrúen castelos e estradas... hai moita investigación nos xogos con area. Ata o de agora vou conseguindo que vaian recollendo todo. veremos qué pasa o xoves e o venres con todos na clase. Xa vos contarei!

      Eliminar
  3. Que ben o pasan, e cantas cousas aprenden, como disfrutamos grazas a este blog podendo velos :)

    ResponderEliminar
  4. Non sabes o que agradezco que digas que che gusta ver o blog. En infantil sempre intentamos que as familias participen neste proceso que vai dos 3 aos 6 anos.Cando vós apreciades o noso esforzo e disfrutades vendo o que fan os vosos peques, todo é moito máis fácil. GRAZAS!

    ResponderEliminar