UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 10 de enero de 2018

CENTOLAS E BOI

   Vendo o título da entrada igual pensades que as centolas e o boi foron o menú de hoxe na Pementeira. Pois non, non tivemos a sorte de poder comer marisco pero o que sí fixemos foi observar e tocar os caparazóns destes crustáceos tan apetitosos (viñeron sin patas porque como xa imaxinaredes non estaban presentables despois do Nadal).

Resultado de imagen de buey de mar
BOI
Resultado de imagen de centolla galicia
CENTOLA

    Estivemos comprobando que as centolas teñen pinchiños e son ásperas, se as tocamos rascan un pouco; pero o boi ten un caparazón moi liso e suave co cal podemos pasarlle a man sin que nos moleste.





        Seguimos recibindo cousas para o noso recuncho do proxecto Nautilus. E ¡que coincidencia! Marcos e Dani trouxeron o mesmo libro que, por certo, é superchulo.

   Tamén sigue viaxando o noso maletín pirata. Os pementeiros afortunados onte e hoxe foron Aleixo e Alejandro Vázquez Rodríguez que estaban encantados...



   E, para rematar, aquí vos deixo un vídeo no que podedes comprobar que a volta ao cole foi do más agradable e que xuntos disfrutamos moito aprendendo cousas diferentes, xogando, cantando, pintando e facendo moitísimas actividades... ¡É estupendo ver aos pementeiros/as pintando e cantando con este bo ambiente na aula!



Resultado de imagen de gifs animados cangrejos

5 comentarios:

  1. Ola !!!
    Os Reis Magos tamén lle trouxeron a Alex o mesmo libro, menuda coincidencia, a verdade é que está moi chulo.
    Alex veu encantado co maletín pirata, pasámolo en grande cos xogos que ten, gustounos moito.
    Moitos bicos pementeir@s.

    ResponderEliminar
  2. Feliz Año a tod@s! Dani estaba todo emocionado por poder llevar al cole alguno de los libros que le habían traido los Reyes Magos para poder compartirlo con los compañer@s y con la Profe Tete. Da gusto ver cómo disfrutan con los libros y la emoción que tienen por leer un libro nuevo. Espero que lo disfruten muchisimo!

    ResponderEliminar
  3. Para min é tremendamente gratificante velos disfrutar coas historias que lemos, coas personaxes que coñecemos, cos animais sobre os que investigamos... Que nas familias participedes xogando cos materiais que levan ás casas, que lle merquedes libros relacionados co proxecto, que lles ampliedes información e respondades ás súas preguntas, que os levedes de viaxe e aproveitedes para mostrarlles máis cousas interesantes ampliándolles esas ventás polas que ven o mundo... iso é fantástico, facilítame o traballo de aula e, o que é máis importante,e está moi por encima do feito de que eu poida traballar con máis facilidade, estades construíndo unha base de aprendizaxes e de habilidades de pensamento que estou segura son imprescindibles para desenvolverse de maneira completa e plenamente enriquecedora. Pensade que os hábitos de lectura, o interés por investigar e descubrir cousas novas,a responsabilidade, o afán de superación, a curiosidade... se educan desde o nacemento, no día a día, no cole e nas familias... ¡Parabéns a todas estas familias que disfrutan cos seus fillos/as investigando, lendo, xogando e viaxando!

    ResponderEliminar
  4. Un aplauso a todos os pementeiros. Que gozada este video. Dan ganas de achuchalos a todos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A verdade é que dá gusto velos. Cando todo o mundo se empeña en dicir a pena que dan os nenos que teñen que ir ao cole, que mal o pasan no cole, pobriños que xa remataron as vacacións... sempre penso nos momentos en disfrutamos tanto, cando cantan con ganas, cando escoitan coa boca aberta unha narración, cando fan un bo traballo e se sinten os máis importantes do mundo... ¡grazas a Dios hai moitísimos bos momentos no cole e eu sei que eles os difrutan! Alégrame poder compartir algunhas cousiñas con vos, e a ver se entre todos conseguimos deixar de transmitir unha idea tan negativa do cole. ¡Grazas papás e mamás por mirar con ollos positivos estas experiencias!

      Eliminar