Parece que os pementeir@s están empezando a collerlle o gusto a isto de investigar e superar retos. Hoxe chegaron moi contentos 8 investigadores coa resposta correcta ao enigma que plantexei onte:
¿Que hai en Madrid que veu directamente de Exipto e se atopa na rúa non nun museo?
Pois ben, 8 intrépidos pementeiros (en realidade foron 9 pero un esqueceu a resposta na casa, aínda que a recordaba perfectamente) descubriron que eu estaba a falar do Templo de Debod que chegou a España no ano 1968. Todos sabían que dito templo ía desaparecer baixo as augas do Nilo a causa da construcción da presa de Assuán (igual que o templo de Philae).
O templo foi un regalo do goberno exipcio en agradecemento á axuda recibida cando a Unesco realizou un chamamento para salvar os templos ameazados polas augas.
E aquí están os orgullosos gañadores do reto (aínda que algún non quería que lle sacase a foto, non sei por que motivo)
A semana fixemos a presentación doutros dous instrumentos africanos que temos no noso recuncho. Nesta ocasión foron Iago, Lucía e Antía os encargados de presentalos no vídeo.
Pero antes, todos os pementeiros e pementeiras tiveron ocasión de tocar estes dous instrumentos de percusión:
CAXIXI
KALIMBA
E agora, aquí vos deixo a presentación de Iago, Lucía e Antía. E teño que felicitalos porque o fixeron á primeira sen ter que repetir nadiña.
Disfrutamos moito tocando os instrumentos africanos. O sonido das caxixi é moi alegre e como non pesan nada (porque están feitas de palla trenzada) son moi fáciles de tocar. A Kalimba foi máis complicada porque as "teclas" que hai que presionar cos dedos son de metal, están duras e había que facer forza; aó final ata nos doían os dedos.
Agora teremos que organizar unha orquesta africana.