UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

jueves, 14 de mayo de 2015

LETRAS GALEGAS 1

Hoxe comenzamos a celebración do Día das Letras Galegas que, como sabedes, este ano se adica a Xosé Filgueira Valverde.

Visitamos de novo a biblioteca do centro para coñecer en vivo e en directo ao protagonista da celebración que estaba acompañado pola ilustre poetisa Rosalía de Castro.
Os dous, traballando en equipo, foron contándonos cousas da vida e a obra de Filgueira Valverde.














Despois de escoitar moita información interesante, que nos contaron o señor Filgueira Valverde e dona Rosalía de Castro,  tivo lugar a entrega de premios para os gañadores do concurso das Letras Galegas e  para os participantes nas sesións de lectura na biblioteca. Aquí vos deixo as fotos dos premiados de infantil.












martes, 12 de mayo de 2015

UN BICO PORQUE SI.

Unha das actividades organizada polo Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua, consiste en realizar lecturas na Biblioteca do centro, na hora do recreo, durante a semana das Letra Galegas para todos aqueles que decidan participar e/ou asistir.
Da aula "A Pementeira", Leo realizou a lectura dun poema en representación de todos os pementeiros/as que o acompañaron no momento crucial e lle adicaron un aplauso. O poema fala de bicos e de música. ¿Queredes escoitar a Leo? Pois aquí vos deixo o vídeo e as fotos que deixan constancia da participación da Pementeira na actividade.













MÁIS LIBROS VIAXEIROS

Algíns/as pementeiros/as xa poideron disfrutar nas súas casas dos libros espaciais que agora están viaxando. 
Un deles titúlase "O universo" e é unha historia para ler as escuras. É moi divertido pero hai que facer un traballo previo á lectura. É preciso "cargalo" cunha linterna ou a luz dunha lámpara (ou algo así) páxina a páxina para, despois, disfrutar das resplandecentes imaxes.


O outro libro é máis caseiro, de feito está feito pola profe co cal os "efectos especiais" son máis limitados. É un libro sobre a lúa que, tamén, lles está gustando bastante aos pementeir@s.




Por outra banda, unhas historias que están triunfando na nosa aula son :
A verdade é que son moi interesantes e teñen unhas ilustracións realmente fermosas. Aínda que as narracións teñen certa complexidade, para os nenos de 4-5 anos, teño que dicir que recordan perfectamente os nomens das personaxes, as accións que se van sucedendo, e moitos detalles das historias. Disfrutamos moito con eles, eu contándoos e eles escoitando e contemplando as imaxes.




jueves, 7 de mayo de 2015

CARTA E PRENSA

¡Por fin chegou a resposta á nosa carta! Os nosos novos amigos do CEIP Plurilingüe de Tirán contestaron á nosa misiva  e aquí podedes ver e ler o que eles nos contaron. Antes de nada póñovos as fotos da carta que nos lles remitimos a eles, e así imos vendo  como se vai producindo a comunicación entre os nenos e nenas de ambos coles. 




  







Por outra banda, hoxe estivemos traballando cunha nova que se publicou nos xornais o domingo pasado. Fala dun fósil de dinosaurio chamado Concavenator corcovatus. Pero como o seu nome é tan complicado todo o mundo o coñece como PEPITO. O interesante deste fósil aparecido en cuenca é que permitiu confirmar que as patas de certos dinosaurios eran moi moi similares ás patas das aves actuais, de feito o titular da noticia é precisamente "Dinosaurio con pés de galiña".



 Por último, aqui deixo un vídeo dos pementeir@s traballando ao son do Carnaval dos animais de Saint-Saëns.





martes, 5 de mayo de 2015

COUSIÑAS DO DÍA A DÍA

Seguimos traballando na Pementeira. Hoxe fixémolo ao ritmo do Carnaval dos animais de Saint.Saëns que cada día nos gusta máis.
Tamén tivemos sorpresas:
Mencía tróuxonos un debuxo espacial;Anxo e Mariña trouxeron sendas novas do xornal e Mariña, ademáis, un fósil que nos gustou moitísimo e Sara unhas fotos da súa visita ao planetario coa que disfrutou un montón, sobre todo vendo como nacía un pitiño que quedou "espatarrado" como ela mesma nos explicou.



 Estes pementeir@s están moi atentos ás novas dos xornais que nos axudan a aprender moitas cousas novas sobre o universo. Por exemplo aprendemos o nome dunha das lúas de Saturno, que se chama Enceladus, e tamén aprendemos o que é un fósil e tivemos a sorte de ver o que nos trouxo Mariña. Coa nova que trouxo Anxo enterámonos de que o telescopio espacial Hubble cumpriu nada menos que 25 anos. Grazas a este fantástico instrumento podemos ver moitas imaxes do espazo e aprender moitas cousas que ocurren na nosa galaxia. ¡Qué interesante é ler o xornal!


Coas fotos de Sara tamén aprendemos novo vocabulario e agora xa sabemos o que é un péndulo e o que significa o movemento pendular. ¡E resulta que ese movemento experimentámolo case todos os días cando imos ao patio! ¿Sabedes onde?