Onte tivemos a última xornada de traballo conxunto cos alumnos de 4ºB relacionado co tema da Mitoloxía. Como xa sabedes, en primeiro lugar tivemos a oportunidade de ver unhas breves representacións teatrais de diversos mitos gregos que os nenos e nenas de 4º fixeron para os peques de infantil. A segunda sesión consistiu nunha exposición oral de diferentes mitos do mundo (co apoio das imaxes que conforman a decoración do espazo de infantil) feita polos nenos de A Pementeira (5 anos) e A Sementeira (4 anos). Nesta ocasión tanto a profe Ana como eu mesma lle agradecemos moito á profe Xela que nos propuxera esta actividade porque foi moi gratificante que se contara cos nenos e nenas de infantil para aportar o que eles saben a nenos/as maiores que, por certo, os escoitaron con interese e atención. E, por último, onte tivemos un taller de modelado todos xuntos. os nenos e nenas de 4 anos, de 5 anos e os de 4ª.
Na aula de psico colocamos unhas mesas para que todo o grupo poidera traballar coa pasta de modelar elaborando trisqueis e cabezas de Medusa. Creo que todos disfrutaron moito, desde logo os pementeiros/as podo asegurar que sí o fixeron. Os alumnos/as maiores tiñan moitas ganas de axudalos, de explicarlles como facer as cousas e de estar con eles e iso sempre se agradece. foi unha auténtica xornada de confraternización.
Agora solo nos falta a parte da policromía. Cando rematemos de pintar as nosas obras de arte, pensamos que sería boa idea facer unha pequena exposición. Xa vos iremos contando.