Hoxe, tras un descanso de cinco días con cicloxénesis explosiva incluída, retomamos as actividades escolares con ganas e con moitas actividades diferentes. Así que vou facer unha destas entradas que máis me gustan a min, porque como vedes no título recolle cousas moi distintas, que non gardan relación directa entre elas pero que nun aula de infantil poden entremezclarse con naturalidade.
Para empezar a mañán estivemos observando caracolas e aprendendo os seus nomes. Partimos das caracolas reais que temos no recuncho (traídas polos nenos/as) e duns debuxos que lles gustaron moito a todos.
Coñecemos a CARACOLA REINA,

a caracola TROMPETA DE TRITÓN, chamada así porque é a que empregan os tritóns para tocar,


a caracola BUCINO DO MEDITERRÁNEO,

a OSTRA PERLÍFERA,

a cuncha da VIEIRA,
e ata un fósil de AMMONITES, un animal prehistórico que se pensa era moi similar ao nautilus.

Despois estivemos observando pedras volcánicas que eu trouxen do ETNA (Sicilia) e da illa de SANTORINI (onde algúns pensan que podería estar mergullada a ATLÁNTIDA). Primeiro comprobamos que había un tipo de pedra que pesaba moi pouquiño, é a PEDRA PÓMEZ, mentres que calqueira das outras pesaban moito máis. Comprobamos coa báscula que dúas pedras de igual tamaño, unha de pedra pómez e outra de basalto, a segunda pesaba moito máis.
Tras tanto traballo científico, descansamos un pouco a mente con actividades plásticas. levamos xa uns días realizando uns elementos decorativos para colocar na aula de psico durante os días previos ás vacacións do Nadal. E así van avanzando as tarefas...
E así quedou a nosa primeira árbore. E agora comezamos a segunda, a ver qué tal...
E hoxe aínda fixxemos máis cousas, pero xa volas contaremos noutra ocasión.

¡¡Quedou bonitísimo a árbore do Nadal!!
ResponderEliminarCanto aprendedes,¡¡encántame!!
Moi bó o de que teñen que descansar a mente de tanta información,jeje así me dí que non lle collen máis cousas na mente,jajaja,cando lle convèn a èl claro,jajajaj
Que bonito esa árbore, estes pementeir@s,son artistas de verdade, precioso,!! Encantoume o experimento cos pesos de diferentes pedras, moi bo!!!
ResponderEliminar