Os nenos e nenas da Pementeira seguen entusiasmados coa mochila pirata. Os últimos que tiveron a sorte de levala foron Marcos e Gabriel que estaban felices coa mochila e, tamén, co distintivo pirata (que eu penso que aínda lles fai máis ilusión).
Aínda recibimos cousas interesantes para o noso recuncho. As últimas cousas que chegaron foron dous libros que trouxeron Aleixo e Anrís e que nos gustaron moito .
Estivemos vendo con atención o libro do tiburón porque é moi descriptivo e todo o grupo estaba coa boca aberta observando as branquias, o fígado, o corazón, os dentes (aproveitamos para volver a observar o dente de tiburón que temos no recuncho porque o trouxo Dani e descubrimos que tiña moito parecido cos dentes do tiburón salmón); descubrimos que o tiburón non ten osos senón cartílagos, que ule a distancia o sangue, que lle encanta comer focas, cangrexos, peixes e luras, que algúns tiburóns crían aos seus bebés na barriga e outros, sin embargo, deixan os embrións nuns sacos no mar e alí van medrando... En fin, que aprendemos un montón de cousas.
Despois do recreo, tivemos tempo de ler os nosos libros do recuncho do mar que lles encantan a todos/as. A verdade é que son moi interesantes así que nunca está de máis adicar un tempo a mirar ben as ilustracións, a buscar detalles que non percibíramos na primeira ollada, a identificar infrmación xa coñecida...
E tamén fixemos outra cousa moi interesante: ¡visitamos o museo de 2ºB". Fai uns días un grupo de nenos e nenas de 2º B viñeron á Pementeira para invitarnos a ver o seu museo interactivo sobre o corpo humano. Así que hoxe decidimos visitalo. Tiña moitas cousas interesantes e moi educativas que nos estiveron explicando dúas nenas, antigas pementeiras, moi preparadas e amables que fixeron o traballo de auténticas guías: Mariña e Nora.
Despois explicáronos como funcionan os osos, os músculos, e as articulacións...
Tamén nos explicaron a importancia dos cinco sentidos: o tacto, a vista, o olfacto, o oído e o gusto.
Penso eu que unha das cousas que máis lles gustou foi o "teléfono" tan artesanal que funcionaba perfectamente. Así que xa sabedes, deixádevos de tanto móvil e fabricade un teléfono con vasiños de cartón...
Tamén nos gustou moito ver no cahan uns cordóns que indicaban a medida do inestino groso e o intestino delgado (porque na Pementeira ultimamente estamos moi interesados nisto de pesar e medir cousas). É impresionante ver alí no chan os 7 metros de lonxitude do intestino delgado (e todo isto está dentro do noso corpo!).
Como vedes, foi todo moi interesante e aprendemos un montón de cousas. ¡Grazas aos compañeiros/as de 2ºB que quixeron mostrarnos o seu traballo e grazas especialmente a Nora e Mariña por ser "profes" dos peques por un día!

Moito traballaron @s de 2B!!que ilusion poder velas no blog😊
ResponderEliminarQue museo máis completo o dos nen@s de 2B, A Enzo encantoulle estivo doblando as orellas media tarde e explicandonos que podia facelo porque tiñan cartílago😅, NORABOA!!!
ResponderEliminarQue forma máis boa de aprender a base da propia experimentación d@s nen@s!! Que ben así estaban de entusiasmadas as dúas mestras por un día;)
ResponderEliminar