UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 19 de noviembre de 2017

TRABALLANDO E DISFRUTANDO

    Esta semana foi bastante productiva na Pementeira. Estivemos traballando pero tamén disfrutando porque unha das nosas máximas é que no cole temos que disfrutar. Por iso intentamos, na medida do posible, respectar unhas normas e unhas rutinas básicas para que todos poidamos estar máis a gusto, aprender, investigar xuntos e ter tempo para xogar, cantar, falar e exercitar o noso corpo para que medre máis san.
    Aquí vos deixo uns vídeos para que comprobedes que intentamos habituarnos a facer as actividades impresas en silencio, concentrándonos e prestando atención ás indicacións que dá a profe ou ao que pon na pizarra e, ao mesmo tempo, relaxándonos coa música de fondo.



   Aos pementeiros/as encántalles mirar os libros do proxecto Nautilus...








    

    Seguimos cos "Venres saudables 100%" e moitos nenos e nenas se animan a traer froita para ir acumulando gomets.


 E tamén seguimos practicando ioga. Este venres, como estaba unha mañán estupenda, decidimos facer a nosa sesión semanal no patio e estivemos ben a gusto co soliño que facía. Eso sí, con tanto esforzo, cando entramos, moitos nenos/as remataron a súa botella de auga. Cando vedes as fotos das distintas posicións, podedes pensar que son fáciles e non hai esforzo porque parece que só é estar quietos, pero garantízovos que non, que hai traballo detrás de estas "asanas".























   Antes de volver para a aula, un minutiño de movemento. Hai que soltar todos os músculos que estiveron estirándose e manténdose tensos durante a sesión.



     E, para rematar esta entrada, aquí vos deixo o vídeo da última nova palabra que gravamos na aula. Nesta ocasión foi Sara Castaño a encargada de explicar o significado de TRITÓN e fíxoo realmente ben. Todos a felicitamos polo traballo, porque estaba concentrada e moi tranquila e recordou os datos importantes que nos axudan a identificar a un tritón se. por casualidade, o atopamos no mar.




Resultado de imagen de gifs animados neptuno dios del mar

10 comentarios:

  1. Como disfrutamos na casa cos peqes vendo as imágenes do cole Adan vai contándome cada foto ou video q vemos paso a paso con toda a emoción.Esta decindome q lle encanta os traballos da estila curiosa e q quere disfrutar moito do cole e maravilloso ver como aprenden e nos dan aprender os da casa moitas gracias

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

      Eliminar
    2. ¡Canto me alegra que conten cousas! É que, en xeral, pasámolo moi ben. Eles queren facer cousas e aínda que algunhas en concreto non sexan as súas preferidas, que é normal porque cada un ten os seus gustos e preferencias (e no cole tratamos de descubrilas, potencialas e tamén complementalas con outras),sempre tratamos de que sexan o máis motivadoras posible para eles. Eu estou encantada porque creo que están respondendo moi ben con este proxecto. Normalmente son un grupo fácil de motivar e moi participativo, aínda que moi faladores e inquedos co cal 5 horas seguidas na aula poden ser "durillas", jajaja, pero cando me comentades que na casa falan do que aprenden e o fan con entusiasmo e alegría... ¡iso é tan gratificante! Grazas por compartilo no blog!

      Eliminar
  2. Non dubides que estan encantados. Ademais de contalo, fano con unha emocion que nos transmiten as gañas de saber mais. (Polo menos eu estou lendo 20.000 leguas de viaje submarino, que nunca se me dera por lelo). E Marcos encantado de ver a mamá co libro, preguntame en que capitulo vou e se xa lin o do narval (que a el deixouno alucinado o narval). E non che digo nada do libro deste fin de semana (Los viajes de Odiseo). Leunolo el a nos en vez de eu a el, SABEO DE MEMORIA. Alucinante. NORABOA polo traballo

    ResponderEliminar
  3. E fantastico como aguantan esas posturas de ioga!

    ResponderEliminar
  4. ¡¡Pero que concentrados están facendo o seu traballo!!
    ¡¡O proxecto está sendo todo un èxito!!
    Falame tamén da ratiña curiosa e canta unha canción,jeje,
    ¡¡Encántame cando me conta cousas do cole!!
    Na casa quere facer ioga con nós pero logo se cansa,jajjaja,sí que è moi didícil
    ¡¡Noraboa polo traballo profe!!!

    ResponderEliminar
  5. ¡Qué alegría ler tantos comentarios no blog! ¡E tan positivos! A verdade é que as historias que estamos lendo co proxecto, e a información que obtemos dos vísdeos, as pelis, os contos etc.están captando o noso interese e iso é fantástico, claro. Todos estamos aprendendo moito sobre o mar e todas as súas criaturas. Esperemos que sigan contándovos moitas cousas porque, vendo que a vós vos interesa, teñen máis ganas de aprender! GRAZAS por compartir todo isto no blog, por visitalo e por mantelo vivo!

    ResponderEliminar
  6. Que gusto velos facer tantas cousas e tan diversas, nós na casa divertímonos moito, entre aventuras mitolóxicas que nos conta Noa, como coas posturas de ioga que facemos todos con ela, os papás e mamás estamos 100% motivados co proxecto e eles moito máis. Grazas

    ResponderEliminar
  7. Que gusto velos facer tantas cousas e tan diversas, nós na casa divertímonos moito, entre aventuras mitolóxicas que nos conta Noa, como coas posturas de ioga que facemos todos con ela, os papás e mamás estamos 100% motivados co proxecto e eles moito máis. Grazas

    ResponderEliminar