Sumar é unha actividade que gusta bastante na Pementeira. Hoxe cando puxen ao Lobo Matías na PDI, aquelo parecía unha festa. ¡Que marabilla! Espero que as mates lles sigan gustando toda a vida. ademáis das sumas, tamén fixemos "sudokus" de letras e saíron moi ben. A maioría dos nenos/as saíron voluntariamente a facer a tarefa, e outros tiveron que ter unha pequena motivación extra (tiven que animalos a saír insistindo en que o ían facer moi ben, como así foi certamente).
Aínda recibimos algunhas cousiñas máis para o recuncho: Adan trouxo un conto dun peixe que se chama MERLUCÍN (fíxonos moita graza o nome). Aleixo trouxo unhas fotos súas dunha visita a un acuario e Ian trouxo un libro con pegatinas sobre o OCÉANO.
Que divertido, así ela estaba sumando últimamente sempre na casa cos dedos, jejeje, preguntándome números e facendo as sumas, encántalle!!! Que divertido aprender xogando así;)
ResponderEliminarA Marcos encantalle sumar. O martes pola tarde, mentras seus irmans facian os deberes, pregunteille a Marcos que queria que fixesemos nós e contestoume que queria sumar. Estivo facendo sumas nun folio coa axuda dun ábaco que temos na casa. E despois puxome a proba a min e tiven que facer eu algunhas a ver se "sabia". Xenial
ResponderEliminar¡Así dá gusto! Todo o mundo a traballar na casa! jajajaja, e iso que eu estou en contra de poñer deberes en infantil (xa os poñen eles mesmos) Pois nada, seguide así familias, a ver ata onde chegan estes pementeiros/as con tantas ganas de aprender!
ResponderEliminar