Chegamos ao final de curso e agora é o momento de mostrarvos os últimos preparativos antes do festival, a nosa fantástica actuación e o último día de curso.
Para saír espectaculares ao escenario, estivemos pintando uns antifaces que nos quedaron moi dramáticos.
E así quedaron os nosos antifaces:
Antes de saír ao escenario, como todos os pementeiros/as estaban tan elegantes sacamos unhas fotos.
E así de alegres e guapetones saíron todos a bailar...
Despois de tanto baile, e tanto brinco e volteretas, era hora xa de comer algo. Así que volvemos para o patio de infantil a tomar unha merendola ben apetitosa.
O último día de curso, ben engalanados, os pementeiros recibiron a súa orla de infantil e os seus traballos e, tras unha última merenda xuntos, marcharon dispostos a iniciar unha nova etapa en primaria.

¡BO VERÁN!