Chegou o final da semana. O venres foi un día tranquilo pero con actividades variadas, coma sempre na nosa aula. O Willy Fog do día foi Hugo, que estaba moi impaciente. Non lle daba chegado o día! Cando o luns lles dixen os nomes dos encargados de toda a semana (imos por orden de lista) xa case lle dá algo ao escoitar o seu nome, pero xa quería ser Willy Fog o martes, e o mércores e o xoves (empeñado en que eu llo dixera) así que, por fin, chegou o seu momento. ¡Estaba tan orgulloso e tanto lle pareceu que tivera que esperar que ata estaba nervioso!
Mario trouxo otro móbil para o noso corredor, feito cos tubiños de cartón do papel hixiénico. Quedoulle moi orixinal ; recordounos un pouco ás campaniñas de vento. Tamén trouxo unha reproducción dunha pintura de Miró, "O nacemento do día".
E hoxe os nenos e nenas de "A Sementeira" e o "Paseo do Espolón" traballaron moito no noso "GUERNICA" e xa o temos case rematado.
Dentro da aula estamos intentando conseguir concentrarnos no traballo individual que facemos na mesa, nas actividades impresas, e para axudarnos a estar máis tranquilos e calados botamos man da música clásica. Como podedes ver no vídeo, de cando en vez conseguimos ter momentos de calma total e, a continuación, pasamos a cantar con alegría e forza.
Seguimos traballando no gran mural do GUERNICA en cores, seguimos viaxando polo mundo e seguimos cantando e bailando para encher de ritmo a vida.
Hoxe a nosa Willy Fog foi Sara Castaño que estaba super-contenta de ser a axudante da profe e pasar lista. ¡Fíxoo xenial!
Onte tivemos sorpresa xa que Marcos trouxo unha nova recreación dunha obra de arte. Pero non e dou tempo de sacarlle a foto así que hoxe lle adicamos uns minutiños a falar dela. A verdade é que lle quedou estupendamente. Marcos, coa colaboración da súa irmá Rita, representou "O QUITASOL" de Francisco de Goya.
Seguimos traballando no mural do Guernica que xa está tomando forma, ou cores mellor dito. Mañán teremos que continuar a ver se entre todos os nenos e nenas de infantil, e as profes, podemos telo listo para o Día da Paz.
Como vedes, en infantil non paramos. E como traballamos moito, tamén adicamos un pouco de tempo a cantar e mover os esqueletes ao ritmo da música.
Falta pouquiño para que chegue o Día Da Paz. Como xa sabedes o 30 de xaneiro conmemoramos o Día da non Violencia e a Paz recordando a figura de Gandhi (asasinado ese día) e a todos aqueles persoeiros que traballaron por lograr un mundo máis xusto, igualitario e pacífico para todos.
Levamos xa varios días cantando cancións sobre este tema, como por exemplo "Toc-Toc" de Pablo Díaz e "Paz, paz, paz" de Juanes.
Tamén decidimos entre todos os nenos e nenas de infantil e as profes facer unha versión chea de cores do GUERNICA de Picass. Falamos un pouquiño da obra, observamos as formas e figuras que a compoñen e analizamos o seu significado. A profe María prestounos hoxe un libro moi interesante que nos axudou a reflexionar sobre o importante que é vivir en paz.
Hoxe oprotagonista do día, o Willy Fog da Pementeira foi Enzo que pasou lista, axudou a repartir os materiais de traballo polas mesas e foi de primeiro na fila. Fixo moi ben o seu papel e penso que se sentía moi orgulloso.
Despois das tarefas do día, tivemos tempo de pintar o gran Guernica que colocamos no corredor. Aínda que sabemos que Picasso pintou esta gran obra empregando só negro, gris e branco, nós estámolo enchendo de cores para, simbólicamente, transformar a dor e destrución das guerras en paz e alegría. Como vos decía, os nenos e nenas de A Sementeira e o Paseo do Espolón tamén están pintando, É un mural grande que quedará fantástico grazas a cooperación de todos.
E aínda que hoxe non foi o día máis pacífico do ano, estivemos tratando de reconvertir un día difícil nun día máis agradable. Así que fixemos unha reunión de profe-alumnos/as para reflexionar sobre algunhas normas da aula, sobre a importancia de colaborar todos para pasalo ben, e decidimos que temos que esforzarnos todos en non berrar, en respectar aos nosos compañeiros (sen pegar, morder ou empurrar), en facer as nosas tarefas con atención e coidado, en saber esperar o noso turno e pedir permiso ás profes... En fin, parece que ao final, o día acabou mellor do que empezou e fixemos unha actividade que nos fixo rir a todos... ¡Mirade!
Pero, que lle pasou a Adan, que está aí tirado????? Non vos preocupes. Non caeu. É que foi o encargado de axudarme a min a pintar unha silueta como as de Keith Haring, un artista americano, moi pop, que transmite sempre movemento, simplicidade e vida.
Esta é a silueta de Adan que despois pintaron os pementeiros e pementeiras...
Os nenos e nenas puxéronse tan contentos que daban saltos e morrían de risa ao ver a figura de Adan que eu fun facendo co rotulador delineando o seu corpo no papel. Despois de saltar, empezamos a coloreala e quedou xenial. Pronto veredes o que imos facer con ela e descubriredes, tamén, as que pintaron os nenos e nenas de 4 e 5 anos.
En fin, a ver que pasa mañán. Novas haberá seguro porque hoxe Marcos trouxo unha recreación dunha obra de arte ben bonita. Mañán falaremos dela e sacaremos a foto para que a vexades todos.