UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 27 de noviembre de 2016

¡O CUMPLE DE MARIÑA!

 O venres celebramos o cumple da pementeira Mariña. O primeiro de  todo foi apagar as candeas, cantar o "Cumpleanos feliz" e, despois, ¡a comer as galletas! Como ven sendo habitual, non sobrou nin unha. Estas galletas non sei o que teñen pero acábanse á velocidade da luz.


























Cando rematamos as galletas, Mariña repartiu un paquetiño de aspitos para cada un dos seus compis. Gardámolos nas mochilas porque xa non nos daba tempo de comelos no cole. Todos marcharon encantados co agasallo de Mariña.


















Aproveito xa esta entrada, para poñer as fotos das últimas aportacións para o noso recuncho do proxecto "A volta ao mundo en obras de arte". Enzo trouxo unhas fotografías de Londres e uns souvenirs: un autobús, un taxi, unha cabina de teléfonos... E Óscar trouxo unha "versión" da "Habitación en Arlés" de Vincent Van Gogh.


 


jueves, 24 de noviembre de 2016

PINTANDO COMA MONDRIAN

Seguimos explorando as técnicas e os estilos pictóricos de diferentes artistas plásticos. Hoxe estivemos observando e comentando pinturas de Piet Mondrian, un pintor holandés un tanto peculiar xa que, despois de anos de investigación chegou á abstracción xeométrica (empregaba sempre liñas horizontais e verticais e, de feito, rompeu a súa relación artística con Van Doesburg porque este empezou a utilizar liñas diagonais nos seus cadros!) e decidiu empregar unicamente cores primarias (como anécdota, contan que na súa casa estaba prohibida a cor verde).
Imagen relacionada
Imagen relacionada
Imagen relacionada
Pois ben, despois de descubrir a Mondrian, estivemos pintando un cadro coma os del e quedou ¡FANTÁSTICO!


















E coas nosas obras de arte, estamos empezando a organizar un auténtico museo. Mirade como quedan os cadros de Pollock e Mondrian xa enmarcados e listos para colocar.
Resultado de imagen de ElmerVendo as obras de Mondrian, descubrimos que un amiguiño noso que se chama Elmer se parece moito ás pinturas deste famoso pintor.