UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 28 de octubre de 2015

CAGARRUTAS DE CABRA

¡Que risa! Hoxe comemos cagarrutas de cabra na Pementeira. ¡Que, sí, que sí! Que non é unha broma.
Lucía trouxo ao cole unhas boliñas de coco que se chaman así precisamente: CAGARRUTAS DE CABRA. Explicounos que as fixo ela na casa e que quería compartilas cos compis porque atopou a receita nun comic moi divertido que conta as aventuras de AKISSI, unha nena que se mete en moitos líos...
Lucía estaba moi contenta repartindo as "cagarrutas" entre os compañeiros. Todos disfrutaron comendo este peculiar postre de coco (algúns tiveron a sorte de poder repetir porque había polos menos trinta).

























¡Estaban deliciosas! E foi unha doce maneira de rematar un mércores víspera do Samaín!!!!!
Grazas Lucía, e grazas papá e mamá de Lucía, por adicar un tempiño a facer este postre e animar a Lucía a compartilo connosco. 

E aquí vos deixo un vídeo con algunhas imaxes de Akissi animadas coa música de Youssou N´Dour: unha fermosa versión instrumental da canción de Kirikou.

¡QUE SORTE!

Hoxe pola mañán tivemos sorpresa na Pementeira. Cando estabamos empezando a ler o conto do día, chegou a profe Ana Losada cunha sorpresa: ¡un agasallo para os participantes no concurso de relatos terroríficos e imaxes monstruosas!



¡Parabéns chicos e chicas! Noraboa por participar e...
¡mañán averiguaremos se algún de vos gañou o concurso!
Pero o máis importante xa está acadado. O que nunca intenta nada, está claro que tampouco consigue nada. Polo tanto, é moi importante animarse a facer cousas, ter ideas, esforzarse e poñer moito interese, atención e coidado no que estamos a facer. Así, nalgún momento chegará algún premio.

martes, 27 de octubre de 2015

¡O COLE ESTÁ CHEO DE MEIGAS!

Como xa sabedes, con motivo da celebración do Samaín, o cole está cheo de debuxos e contos terroríficos e, agora, tamén, de meigas  de toda clase. Os nenos e nenas da Pementeira quixeron facer as súas aportacións a este concurso de meigas manufacturadas e aquí está o resultado.













¡Parabéns a todos os participantes! Gústame moito que os nenos e nenas se animen a facer cousas divertidas que fan que o cole sexa un lugar onde todos o pasamos requetebén.

A todos os compis da Pementeira lles encantou ver a mostra de bruxas que hai no corredor do cole. Algúns deixaron claro cal era a súa meiga favorita.



































 ¡A ver que bruxa é a gañadora!