UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

lunes, 22 de septiembre de 2014

¡SILENCIO! ESTAMOS GRAVANDO

Hoxe, na Pementeira, estivemos traballando no caderniño da "Ratiña curiosa" e, despois traballamos en equipos facendo puzles. 












A continuación comenzamos unha nova actividade que nos gustou moito (aínda que non é a primeira vez que facemos algo semellante, hoxe parece que resultou realmente divertido. Vese que estamos collendo "tablas" nisto do artisteo). Trátase da gravación da canción da "Ratiña curiosa". Cada grupo vai cantar unha estrofa e, cando teñamos toda a canción, imos poñer todos os fragmentos xuntos para que a poidades disfrutar tamén nas casas.
Aquí podedes ver o momento da gravación de hoxe. Mañán continuamos.




martes, 16 de septiembre de 2014

ESTAMOS EN MARCHA

Estes primeiros días de cole estamos recordando normas e rutinas de aula, non porque xa se esqueceran senón porque están un pouquiño escondidas nas memorias dos meus pementeir@s e hai que revitalizalas e traelas de novo ao noso día a día. Levamos pouquiños días xuntos e xa estamos entrando na nosa dinámica de traballo habitual.
Hoxe tivemos un día estupendo: empezamos o noso caderniño da "Ratiña curiosa" que é unha canción coa que disfrutamos moito. Despois de escribir unhas palabriñas sinxelas e de colorear uns debuxos, e tamén de facer unhas sumas no encerado, fomos á aula de desdobre a traballar coa pizarra dixital. Ao final, a verdade, non traballamos moito e estivemos recordando a nosa actuación de Fin de Curso e vendo a presentación dos nomes dos pementeir@s (que podedes ver sempre que queirades no blog se clicades no cadro "A Escola de Doloriñas" que está no lateral dereito).
Déixovos aquí dous vídeos para que vexades como disfrutamos hoxe no cole e o contentos que están todos de compartir de novo experiencias cos seus compis.




.

miércoles, 10 de septiembre de 2014

O PRIMEIRO CUMPLE DO CURSO

Isto sí que é empezar con bo pé. Hoxe xa tivemos celebración na "Pementeira". O noso compañeiro Anxo cumplía hoxe 4 anos e trouxo dous bizcoitos superdeliciosos. 
Como xa é habitual na nosa clase, antes de ir ao patio, na hora da "merenda", Anxo tivo que apagar as catro candeas e os compis cantáronlle o "Cumpleanos feliz". A continuación, ¡a comer o bizcoito! ¡Estaba suculento! Pero aínda así algúns nenos/as non quixeron probalo e preferiron tomar o que traían da casa. Así que sobrou un pouco para mañán.















¡¡¡¡ DESPEGAAAAAAMOOOS!!!!


Xa chegou o día! Todos os pementeiros e pementeiras e a profe estamos xuntos de novo para comenzar o curso escolar 2014-2015.
Tivemos unha entrada no cole fantástica. Os que xa coñecían a aula, a profe, os xoguetes, os contos, o patio e todo o que temos por aquí neste cole, non tiveron ningún problema e chegaron con ganas de falar, de cantar, de recordar historias e cousas aprendidas,e ata de celebrar cumples. Os novos, unha dama chamada Mencía e un cabaleiro coñecido por Chiño, tampouco mostraron ningunha preocupación por esta nova etapa da súa vida. Ben ó contrario integráronse con toda facilidade no grupo de expert@s pementeir@s.
Alegreime moito de ver o contentos que estiveron todos na aula e no patio (no que levamos unha sorpresa porque temos un areeiro cheíño, cheíño a rebosar de area lista e preparada para meterse nos zapatos de todos os peques de infantil)
Aquí vos deixo unhas fotos deste primeiro día.






¡BENVIDOS TODOS, NENOS/AS E PAPÁS E MAMÁS A ESTE CURSO ESCOLAR 2014-2015!
ESPERO QUE DISFRUTEMOS MOITO  APRENDENDO, INVESTIGANDO, XOGANDO E MEDRANDO XUNTOS!



viernes, 20 de junio de 2014

ÚLTIMO DÍA DE COLE DO CURSO 2013-14

Hoxe foi o día da entrega de traballos e notas e, tamén, o día no que nos despedimos. Agora temos dous mesiños de descanso nos que poderemos durmir máis, ir a praia, viaxar, pasar máis tempo no parque e disfrutar de divertidas xornadas de verán cos amigos e a familia. 
Todos os pementeir@s estaban radiantes coas súas bolsas decoradas con medusas, desexando mostrarvos os seus traballos e as súas notas. Espero que todos os papás e mamás as recibirades coa mesma ilusión coa que eles/as as levaron.









Despois da entrega solemne das bolsas, estivemos vendo a actuación de onte no blog. E aínda volveron bailar "Tú te me dejas querer". Non sei eu, pero algún destes pementeir@s pode que faga carreira neste mundo do artisteo. E como non era cousa de poñerse a facer moito máis o ultimo día de cole pois decidmos que tamén había que despedirse dos xoguetes que temos na aula de psico...

































¡FELIZ VERÁN CHICOS E CHICAS!