Hoxe, na Pementeira, estivemos traballando no caderniño da "Ratiña curiosa" e, despois traballamos en equipos facendo puzles.
A continuación comenzamos unha nova actividade que nos gustou moito (aínda que non é a primeira vez que facemos algo semellante, hoxe parece que resultou realmente divertido. Vese que estamos collendo "tablas" nisto do artisteo). Trátase da gravación da canción da "Ratiña curiosa". Cada grupo vai cantar unha estrofa e, cando teñamos toda a canción, imos poñer todos os fragmentos xuntos para que a poidades disfrutar tamén nas casas.
Aquí podedes ver o momento da gravación de hoxe. Mañán continuamos.
moi ben! a cantar todo o mundo!
ResponderEliminar