UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

martes, 12 de septiembre de 2017

¡ATOPAMOS PISTAS DO PROXECTO!

      Que rápido nos poñemos no cole a traballar. Nada máis chegar de volta de vacacións empezamos a plantexarnos cal podería ser o tema do noso novo proxecto de traballo. Despois de viaxar por todo o mundo coñecendo fantásticas obras de arte, agora toca decidir a que imos adicar moito tempo e esforzos neste curso escolar, ¿cal será o tema central do novo curso?
     Pois ben, onte estivemos falando na asemblea sobre posibles temas de estudo e investigación e saíron cousas ben curiosas: os piratas, os vikingos, o arco iris, os tigres, os cocodrilos, o topo, animais salvaxes, os dinosaurios, os castelos, os elefantes, a Terra, a Arte, as xirafas e a sandía. A verdade é que aquí hai material de sobra para traballar e temos moitas ideas que podemos aproveitar. Pero o caso foi que, de repente, un neno atopou na aula unhas cousas...

 Sí, como vedes, Enzo atopou unhas cunchas ao lado dunha caixa de libros e preguntoume qué facían alí aquelas cunchas. Eu contesteille a verdade, que eu non o sabía pero que podía ser que, ao mellor, foran pistas para suxerirnos o tema sobre o que poderíamos investigar. Estivemos mirando se atopábamos máis pistas pero non apareceu nada máis. Así que quedamos intrigados, ¿quen deixou alí aquelas cunchas? e ¿que significa que apareceran unhas cunhas na aula?
    E hoxe levamos unha sorpresa máis grande aínda. escoitamos un ruído fóra, no patio de infantil e decidimos ir investigar a ver quen andaba por alí (non fora ser que alguén estivera deixando máis pistas e nós non nos déramos conta). Así que alá fomos...





   Os pementeiros/as corrían tanto que nin miraban por onde pasaban, así que aínda que había unha boa pista "agochada" nunha árbore do patio, tardaron un pouquiño en atopala. Finalmente algúns nenos viron que había un cofre misterioso...




     ¿Qué habería dentro do cofre? Despois de avisar a todos os compañeiros/as de que xa aparecera unha pista importante no patio, decidimos entrar de novo na aula para  abrilo tranquilamente e averiguar que tipo de información habería dentro. Estaban todos /as un pouco nerviosos/as. Así que eliximos a un neno que estaba bastante tranquilo para que abrira o cofre misterioso...



      Todos/as querían observar que había dentro do cofre. E despois de comprobar que había unha botella, estivemos de acordo en que había que sacar o mapa que tiña dentro, porque todos/as estaban segurísimos de que o papel que había dentro era un mapa dun tesouro... 








       Pois ben sacamos o papel e ... ¡sorpresa! ¡non era un mapa! ¡ERA UNHA MENSAXE!

    Lemos a mensaxe e descubrimos o tema sobre o que imos investigar este curso...
Resultado de imagen de gifs animados vikingos       Imagen relacionadaImagen relacionada

Imagen relacionadaPiratas y vikingos navegan sin parar,
por aguas saladas sin miedo a naufragar.
Allí habitan peces y algún calamar,
medusas, langostas y mucho coral.
Ciudades sumergidas para visitar,
pecios con tesoros, ¡hay que bucear!
Islas misteriosas ¡te van a impresionar!
e incluso montañas puedes encontrar.
Con el Capitán Nemo podrás conversar,
o quizá Neptuno te invite a cenar.
Voces de sirenas  de dulce cantar
como las que Ulises no quiso escuchar.
Con todas estas pistas podrás averiguar
             Que nuestra aventura ocurre en el…
                                MAR
        Resultado de imagen de gifs animados submarinos


     Polo tanto, familias, xa sabedes que o tema do noso proxecto será O MAR pero como vedes na mensaxe que nos deixaron na botellaque había dentro do cofre, o mar está cheo de curiosidades, de misterios, de mitos, de lendas, de animais, de artefactos, de tesouros, de cidades mergulladas e barcos afundidos, de illas misteriosas e ata de montañas ... Investigar sobre o mar implica descubrir un mundo sorprendente e moito máis complexo do que ás veces nós pensamos. Aprenderemos cousas sobre os peixes, claro, pero tamén sobre Poseidón/Neptuno, sobre Ulises e as sereas, sobre os piratas, os vikingos ou os gregos, sobre a Atlántida ou o Capitán Nemo, sobre Cousteau ou Colón... en fin, as opcións son múltiples e variadas.
     Por último só queda apuntar cal será  título ...
                    PROXECTO   NAUTILUS
  En honor deste animal mariño así chamado e tamén do submarino no que vivía o misterioso Capitán Nemo protagonista da obra 20.000 leguas de viaxe submariño de Julio Verne.



     Espero que a nosa viaxe polos mares e océanos do mundo sexa moi interesante. ¡Zarpamos!

lunes, 11 de septiembre de 2017

¡BENVIDOS AO CURSO 2017/18!

Resultado de imagen de inicio de curso imágenes
Aquí estamos de volta. Hoxe empezamos un novo curso escolar con moitísima ilusión e ganas de investigar, aprender e disfrutar xuntos.
Estou encantada con estes pementeiros/as porque chegaron ao cole moi contentos, con moitas ganas de falar, de cantar, de escoitar contos... parece que estivemos na aula todos xuntos fai unha semana e a realidade é que pasaron dous meses!!! 
Temos unha nova compañeira que se chama Carmen e estamos todos convencidos de que o vai pasar moi ben neste cole, e nós poremos todo da nosa parte para que se adapte rapidamente e veña sempre moi contenta (porque aquí todos somos amigos e formamos o mellor equipo que podedes imaxinar).
Aquí vos deixo unhas poucas fotos para que vexades como non cambiou nada de nada desde o mes de xuño: eles elixiron que conto e qué cancións querían escoitar e as súas caras e movementos penso que demostran que estaban coma peixes na auga.




















Como vedes, despois de escoitar o conto, cantar con todo o entusiasmo posible a canción dos números, escoitar a "Marcha Radeztky", tocando as palmas,  a "5º Sinfonía" de Beethoven  e "Little less conversation" de Elvis Presley (que lles gusta tanto que lle inventaron un título xa o ano pasado, para eles é "A canción loca" un título ben apropiado pois así se poñen eles escoitándoa), había que baixar un pouco ese ritmo desenfrenado así que rematamos relaxándonos co "Nocturno" de Chopin.
En fin, o inico de curso foi estupendo. Agora haberá que descubrir cal será o núcleo dentral da nosa investigación anual...
¡Misterio, misterioso! A ver se atopamos algunhas pistas mañán polo cole...
Imagen relacionada