UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

miércoles, 8 de marzo de 2017

¡PRIMEIRA SAÍDA AO TEATRO!

      Hoxe tivemos un día emocionante xa que fixemos a primeira saída ao teatro. Os pementeiros/as estaban emocionados sobre todo porque tiñamos que ir no autobús (e preguntáronme non sei cantas veces "¿profe, ti tamén ves con nos no autobús?" porque, claro, iso non é o habitual).
      Antes de marchar, recordamos algunhas cousiñas sobre como ir na fila, no bus, e como comportarnos no teatro. Tamén tivemos tempo de ir todos ao baño para non ter problemas despois e unha vez aclarado todo o importante... ¡listos para saír!





















E unha vez situados nas nosas butacas, ¡ a disfrutar do espectáculo!




















        E, finalmente, tocou volver ao cole para tomar a merenda e xogar e correr un pouco polo patio. Como a temperatura era moi agradable, fixemos o primeiro picnic do curso e todos quedaron encantados de poder merendar no patio co noso mantel de vacas.
¡Un día estupendo!






martes, 7 de marzo de 2017

EXPERIMENTO COA COR 2

         Chegou o luns e os pementeiros/as comprobaron o resultado do segundo experimento coa cor. Como sabedes, nesta ocasión as cores que puxemos nos vasos  foron o amarelo e o azul. Durante o fin de semana as cores foron "subindo" polos panos de papel  e chegaron ao vaso central onde se mesturaron creando unha nova cor.




    Así que grazas a este experimento xa sabemos que se mesturamos vermello e amarelo conseguimos a cor laranxa, e se mesturamos o amarelo e o azul conseguimos verde.
        Na aula seguimos traballando cousas diferentes: o trazo de letras e números, a grafía dos nomes e moitas cousas do proxecto. Hoxe traballamos así de tranquilos na Pementeira...





Traballando marzo 17 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker    







Resultado de imagen de camille y los girasoles       Tamén estivemos pintando uns xirasois para que o noso "Home melancólico" de Van Gogh (que estamos colocando pretiño do panel de Amsterdam) se poña un pouco feliz (porque lemos unha historia na que un neno de Arlés lle regalou uns xirasois a Vincent que, finalmente, el pintou deixándonos unha das obras máis salientables e icónicas de toda a Historia da Arte.



Marcos tróuxonos un calendario con moitas imaxes de París e aproveitamos para recordar que cousas coñecemos da Cidade da Luz.






sábado, 4 de marzo de 2017

EXPERIMENTOS COA COR

     Rematadas  as vacacións do Entroido e despois de disfrutar duns días cheos de festa e disfraces, voltamos ás aulas e seguimos facendo cousiñas na Pementeira. 

     O xoves Alejandro Vázquez Seco chegou moi contento porque tivo a sorte de viaxar a Londres e tiña moitas cousas que contarnos. Para non esquecerse de nada trouxo unhas preciosas fotos nas que se ve a Alejandro  co Big Ben, The Tower Bridge, unha estatua de Nelson Mandela, unha maqueta do Parthenon e ata unhas pinturas de Vincent van Gogh ("Os xirasois" e "Cadeira de Vincent", ambas obras atópanse na National Gallery). Contounos que en Londres facía moito, moito frío pero que disfrutaron un montón.

     Grazas a estas fotos, aproveitamos para falar de moitas cousas na clase e recordamos información sobre Londres. ¡Que sorte temos cando os compis comparten as súas viaxes connosco!

                                      
       E despois de viaxar, adicamos un pouco de tempo a experimentar coa cor. Xa que estamos aprendendo tantas cousas de arte e interesante comprender un pouquiño como podemos "xogar" coas cores e descubrir as relacións que existen entre elas.
            Fai uns días plantexamos un experimento coa cor vermella e a amarela... Colocamos tres vasos con auga. Nun deles diluímos pintura vermella e noutro pintura amarela. Despois empregamos uns cachos de papel enroscados (coma uns "churros") a modo de "tuberías" comunicando os vasos coas cores co do centro (no que deixamos só auga limpa)





Unha vez rematado este proceso de preparación, tocou esperar a ver se sucedía algo no vaso do centro. Os pementeiros/as tiñan tantas ganas de que pasara algo que cada dous minutos algún dicía "¡está ocurrindo, algo, está ocurrindo algo!" (sen ter moi claro o que estaba ocurrindo)




Tivemos que esperar ata o día seguinte, pero claro que sucedeu algo...









    Por se a alguén non lle quedou moi claro este experimento, Marcos presentouse voluntario sen dubidar nin un segundo para explicárvolo...

      E o venres decidimos repetir o experimento, pero nesta ocasión cambiamos unha das cores... ¿Que pasará? Pois non temos máis remedio que esperar ata o luns.