Vai chegando o Nadal e estamos xa mergullados na decoración do corredor de infantil. Por suposto, de novo teño que agradecer ás familias a súa colaboración para encher de estrelas o noso teito. As primeiras estrelas de Nadal que chegaron foron as de Mariña, Enzo, Daniel, Valeria e Noa. ¡Mirade que alegres e vistosas lles quedaron! O noso corredor está quedando ben bonito, cheo de luz e de boas vibracións.
E aínda que estamos acercándonos ao Nadal, nós seguimos co noso proxecto de arte. E o venres chegaron máis recreacións de obras de arte á Pementeira. A verdade é que estou supercontenta coas aportacións que estades facendo as familias, porque os nenos e nenas están simpatiquísimos representando diferentes personaxes e así imos coñecendo a moitos artistas e as súas creacións. ¡Mirade que fantásticas recreacións fixeron Valeria (que tamén nos trouxo unha foto súa cunha reproducción do Guernica de Picasso), Mario, e máis Enzo! ¡Están xenial!
Valeria como a "Mona Lisa" ou a "Gioconda" de Leonardo da Vinci.
Mario recreando "El hijo del Hombre" de Renè Magritte.
Enzo ou miniValle-Inclán disfrutando dun breve desscando na Ferradura de Santiago de Compostela.
¡Non me digades que non están xenial!¡Parabéns familias! e grazas pola vosa participación.