UNO DE LOS PRINCIPALES OBJETIVOS DE LA EDUCACIÓN DEBE SER AMPLIAR LAS VENTANAS POR LAS CUALES VEMOS AL MUNDO. Arnold H. Glasow

domingo, 6 de diciembre de 2015

FUNDACIÓN GRANELL E MUSEO DO PRADO

Esta semana na Pementeira descubrimos a resposta ao último reto. Parece que tamén foi bastante complicado pero, finalmente, houbo resposta acertada e, ademáis descubrimos outras cousas interesantes relacionadas con ese reto.
A pregunta plantexada era:
¿En qué museo, fundación, organismo en Santiago de Compostela podemos ver algunhas obras de arte africanas?
Pois ben, en principio chegaron algunhas respostas sobre o Museo de Historia Natural no que hai un diorama da sabana africana
 
e unha mostra importante de cunchas marinas maoiritariamente de Cabo Verde. 
Pero os tiros non ían por aí, aínda que unha visita a ese museo pode ser realmente interesante.
A resposta correcta era a Fundación Granell que ten varias pezas de arte étnico africano, entre elas esta máscara que nos mostra Sara.
 Eugenio Granell foi un pintor surrealista, da Coruña, que tamén foi facendo ao longo da súa vida unha importante colección de obras de arte moi diferentes. Na súa colección étnica podemos ver máscaras, xoguetes e obxectos de lugares tan diferentes como Santo Domingo, Filipinas, Polonia, Estados Unidos ou África.
¡PARABÉNS SARA!

Por outra banda, aínda recibimos un par de cousiñas para o recuncho africano. Leire trouxo un papiro e Inés unha revista que nos fala da orixe africana da especie humana e o descubremento de importantes restos fósiles do Homo  Naledi en Sudáfrica.

Pero non só falamos de África na Pementeira. Como todo o relacionado coa arte é algo que nos gusta moito, pois esta semanaestivemos "visitando" o Museo do Prado cunha historia moi divertida que nos regalou Noa para a aula.

Tras a lectura do conto, estivemos falando sobre as obras que máis nos gustaban. Algúns decantáronse polo "Xardín das Delicias" do Bosco.
Outros polas "Meninas" e o "Retrato de Baltasar Carlos a cabalo" de Velázquez, ou o "Can enterrado na area" e "As xigantiñas" de Goya.
 
 




A min encántanme o "Autorretrato" de Durero e "Atalanta e Hipomenes"de Guido Reni.

Pero un dos cadros favoritos dos pementeiros é, sen dúbida, "O cabaleiro da man no peito" do Greco. Sobre esta obra fixemos unha actividade na que recollemos os principais datos da famosísima pintura.









Se atopades outro cadro que vos guste máis do Museo do Prado, xa sabedes, podemos engadilo a esta lista de obras favoritas.


jueves, 3 de diciembre de 2015

ALBA CUMPLE 5 ANOS

Hoxe a Pementeira Alba cumpliu 5 anos. Chegou moi contenta coas súas galletas para compartir cos compañeiros da aula. Pola tarde celebramos o seu cumple coas candeas e a coroa tradicional, canción de cumpleanos e galletas.
Alba apagou as 5 candeas con determinación e intensidade.



Despois tocou cantar o "Cumpleanos feliz" todos xuntos.
E, finalmente, como xa estaba a piques de rematar a tarde, ¡a comer as galletas!. Pero, por sorte aínda nos quedan unhas poucas para mañán.













martes, 1 de diciembre de 2015

¡COMO MOLA EXIPTO!

Eu non sei o que ten Exipto pero a todo o mundo lle gusta. As paisaxes cheas de area e grandes monumentos como as Pirámides ou os templos e a Gran Esfinxe, o río Nilo, os xeoglíficos e os faraóns e raíñas que, como Tutankhamon ou Nefertiti, están cheos de misterio. O caso é que Exipto ten moitas cousas que nos interesan.
Fai uns días unha avoa dun pementeiro dicíame que no xornal nunca saía unha noticia sobre África. Así como no proxecto anterior, sempre atopaban algo sobre o Universo, este ano non había maneira. O domingo, lendo os periódicos, apareceu a noticia de que na tumba de Tutankhamon hai unha cámara escondida, na parte norte, que algúns investigadores pensan que pode conter o sarcófago da raíña Nefertiti. Nese momento pensei para min: " Espero que algún pementeir@ vexa  esta nova e a traia ao cole". E así foi, dúas señoritas moi contentas trouxeron o recorte do xornal coa información e, entón, algúns outros tamén contaron que o viran no telexornal.

E, como a cousa vai de Exipto, pois tamén vos mostro o que nos trouxo Mariña (que lles gustou moito a todos): Un papiro exipcio e... ¡area do deserto recollida ao ladiño dunha pata da gran esfinxe!





Aquí está a nosa exposición de debuxos exipcios.


E aquí a nosa entrada de infantil que, tamén, se está poñendo bastante exipcia. Primeiro medraron unhas palmeiras e, despois apareceron unhas pinturas.



Como vedes, en infantil sempre temos moitas cousas que contarvos. Aproveitade na casa para seguir disfrutando con estes temas tan interesantes. Os máis pequenos chegan moi contentos cando aprenderon algo novo convosco. ¡Aproveitade eses momentos nos que vos mostran interese e curiosidade!